As mulleres de FSG Vigo, moven ó esqueleto ao son do Zumba [editar]

Nun mundo onde o ritmo de vida a miúdo arrástranos, atopar espazos para coidar de nós mesmas vólvese esencial. Para as mulleres xitanas de Vigo, a resposta está na combinación perfecta: deporte, saúde e a enerxía contaxiosa do baile Zumba en grupo. Máis aló da queima de calorías, esta sesión convertense nun piar fundamental para o benestar físico e mental, tecendo lazos de amizade e empoderamento.
A actividade realizouse no CMSS Rivera Atienza a través da Profesional Lulú, que combinou á perfección o deporte con pasar un intre divertido, e temos a certeza de que voltaremos.

Programa de interese xeral con fins de carácter sociosanitario e cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, para realizar programas de saúde pública, no eido da promoción da saúde da poboación xitana, por entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolven o seu labor na Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2024 a 2027.
Axudas cofinanciadas en un 60 % pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, obxectivo político 4: Unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do pilar europeo de dereitos sociais; prioridade 2: Inclusión social e loita contra a pobreza; obxectivo específico ESO4.10: Promover a integración socioeconómica das comunidades marxinadas, como os xitanos, e medida 2.J.02: Mediación na promoción da saúde na comunidade xitana *
