As Calís de FSG Vigo falan das ITS e VIH [editar]

As mozas e mulleres do programa Calí de Vigo falan sobre as ITS e VIH dentro do programa Isto Sastimos, financiado pola División de control de VIH, ITS, hepatites virais e tuberculose do Ministerio de Sanidade.
Esta sesión coas Calís pretende fomentar e facilitar o acceso á información sobre o VIH/Sida e outras ITS e, a práctica de comportamientos preventivos.
Foi unha actividade de orientación e información sobre a promoción da saúde, prevención de todas as ITS e coñecementos de métodos de prevención e non contaxio.
Nunha das dinámicas de grupo levadas a cabo dánse conta do importante que é estar ben informadas xa que, rompe con moitos estereotipos de prexuízos. Elas mesmas eran conscientes de como se apartaban de algo cando non coñecían o seu significado o que deu lugar a un debate moi enriquecedor.
A maioría do grupo eran mozas polo que tratou a temática con máximo respeto. Esto fixo que se sentiran moi cómodas e tranquilas ademáis, puideron expresar todas as súas inquedanzas e dúbidas ó respecto.
Gracias Calís de Vigo por facer deste momento un rato moi agradable con todas vós!!
Gracias tamén a Zaida, Técnica de Igualdade pola súa implicación para co grupo e, a Rebeca, compañeira en prácticas de Educación Social por todo o seu apoio.
A continuar con esa enerxía, Calís!!
