Aprendendo sobre igualdade a través do xogo no programa Promociona FSG Vigo [editar]
Con motivo do 8M, o alumnado do programa Promociona participou nun bingo educativo no que descubriron mulleres referentes, datas clave e conceptos relacionados coa igualdade, achegándose á historia dunha forma participativa e divertida.
Con motivo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, o alumnado do programa Promociona tanto o grupo dos mércores e xoves participou nunha actividade educativa diferente para achegarse á historia e aos conceptos relacionados coa igualdade.
A proposta consistiu nun bingo especial, no que cada neno e nena tiña un cartón onde aparecían mulleres referentes; xitanas e non xitanas, datas importantes e conceptos clave vinculados coa igualdade.
Ao longo do xogo, o alumnado non só debía marcar as casas do cartón, senón tamén ler e explicar por que esas mulleres son importantes na historia, a que acontecementos correspondían determinadas datas ou que significaban algúns conceptos relacionados coa igualdade.
A tensión e a emoción estiveron presentes durante toda a actividade, xa que os nervios por ver quen sería o primeiro en cantar liña ou bingo mesturábanse coa curiosidade por descubrir novas historias e aprendizaxes.
Deste xeito, o bingo converteuse nunha ferramenta educativa para que o alumnado coñecera referentes femininos, feitos históricos e conceptos básicos vinculados coa igualdade, fomentando ao mesmo tempo a participación e a aprendizaxe a través do xogo.