8 de Abril, Día Internacional del Pueblo Gitano en Galicia

8 de Abril, Día Internacional del Pueblo Gitano en Galicia [editar]

Esta mañá o Presidente do Parlamento de Galicia recibiu a unha Delegación da Fundación Secretariado Gitano con motivo do Día Internacional do pobo xitano.

8 de Abril de 2016

FSG Galicia

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, mantuvo esta mediodía una xuntanza coa directora territorial de la Fundación Secretariado Gitano de Galicia, Eva Vera Ledo, e con outros responsables da entidade.

Durante a mesma, Irene Jiménez, Mediadora da Fundación Secretariado Gitano en Lugo, presentoulle o Presidente a entidade e os programas máis destacados que desenvolve en Galicia nos eidos da educación, emprego, saúde e igualdade e sensibilización social.


Zaida Jiménez, Orientadora Educativa
da Fundación Secretariado Gitano en A Coruña, presentou as situación educativa da comunidade xitana a que, pese a que se produciron importantes avances, aínda hoxe dista moito fronte  o resto da poboación e é realmente alarmante e contribúe a agrandar a brecha da desigualdade e da exclusión social que presenta unha boa parte desta comunidade. 


Luis Giménez
, Mediador da Fundación Secretariado Gitano en Santiago explicou os motivos polos que se conmemora o Día Internacional do Pobo Xitano, o himno e a bandera como símbolo. 


Un ano máis, o día 8 de abril, as entidades que formamos parte do Consello Estatal do Pobo Xitano, entre elas a Fundación Secretariado Gitano, lanzamos unha acción de sensibilización co lema “Por un trato digno al pueblo gitano en los medios de comunicación”, que se difundirá nas redes sociais co hashtag #TeleBasuraNoEsRealidad.  Trátase de facer unha chamada de atención a sociedade sobre a imaxe estereotipada coa que seguen presentando os xitanos e xitanas en algúns programas de televisión, baseados en caricaturas e clichés, co conseguinte dano para a imaxe social do pobo xitano. 


Esta acción conta cun vídeo que se lanzará a través de redes sociais acompañado dun cartel do debuxante Eneko e un Manifesto do Día do Pobo Xitano firmado polo coñecido escritor Manuel Rivas

Delegación FSG Galicia.
#TelebasuraNoEsRealidad

Compartir: