Sen medo ás alturas cos nenos nenas e adolescentes do programa FSG Romanó Sastipén de Vvigo [editar]

Aventura dende as alturas co grupo de nenas, nenos e adolescentes no parque de tirolinas Marikiná Park.
Este mércores realizamos a saída pedaxógica ó Parque de Tirolinas MARIKINÁ PARK cas nenas, nenos e adolescentes (NNA), no marco da convocatoria do programa ROMANÓ SASTIPÉN financiado polo Plan Nacional Sobre Drogas (PNSD).
Con esta actividade o que se pretende é o fomento de hábitos dun ocio saudables entre os NNA e, que outro tipo de diversión tamén é posible.
Xa é o segundo ano que imos ó parque e a experiencia cada vez é mellor e, inda que tivemos os nosos medos tamén soubemos enfrontarnos a eles e é algo que nos pode ocorrer no día a día, aprender a xestionar todo aquelo que nos bloquea e a priori, nos dá vertixe.
As NNA que foron por primeira vez deron o mellor de sí dende as altura nas árbores e, inda que algún non quería subir, finalmente acadou vencelo medo e desfrutar dunha tarde moi divertida e chea de emocións e deporte.
O logro, ti si podes, satisfacción, confía... son palabras que escoitaron ó longo da xornada co fin de motivalos non só para que superaran as pasaxes das tirolinas se non tamén para, que as crean e integren para que se den conta que acadar cada meta depende delas e deles e do seu esforzo e implicación é moi importante para conseguir todo o que se propoñan.
Todo o grupo quedamos felices de pasálo tan ben nunha xornada che de risas, bos momentos compartidos e moita diversión dunha maneira saudable.
Gracias a Eduardo, Fran e ó "Avó" por todas as facilidades e co cariño co que nos trataron en todo momento.
Repetiremos, seguro!!!!
A aventura continúa...
"Sastipén Talí"
