Se non chove, que non chova! A rapazada do ACAIS pasamos por auga na Semana Santa [editar]

As nenas e nenos, preadolescentes e adolescentes do programa de prevención en drogodependencias e hábitos de vida non saudables ACAIS, mergulláronse na auga nas vacacións de Semana Santa.
A rapazada do "ACAIS", Programa de Prevención dos consumos de drogas e hábitos non saudables dirixido á comunidade xitana de Vigo, participaron o 3 e 4 de abril nunha saída pedagóxica pasada por auga pero sen chover 🏊♂️🏊♀️
Fomos á piscina do CUVI e aprendemos a enfrontarnos ós nosos medos, ademáis de darnos conta que unha vez que os superamos, sentímonos máis libres, con ganas de seguir aprendendo e desfrutar dun ocio máis saudable 💪🏾
Gracias aos monitores Aitor, Silván e Carla polo bo trato e mellor profesionalidade e, agradecer tamén a Paula por todas as facilidades e polo cariño que nos dá cada vez que asistimos a @instintodeportivovigo
Continuará... ✌
