Que saben as mozas e mozos sobre a educación afectiva-sexual? Imos comprobalo! en FSG Vigo

Que saben as mozas e mozos sobre a educación afectiva-sexual? Imos comprobalo! en FSG Vigo [editar]

17 de Diciembre de 2024

FSG Vigo

As mozas e mozos dos programas da Fundación Secretariado Xitano de Vigo din saber de que vai iso da educación afectiva-sexual. Imos comprobalo.

Os pasados 17 e 19 de decembro de 2024 as mozas e mozos participan nos obradoiros sobre educación afectiva-sexual impartidas por Lucía e Rubén en colaboración con APAIOGA (Asociación Profesional de Axentes de Igualdade de Oportunidades Galega).

Estas sesións enmárcase dentro do programa ISTO SASTIMOS (SENSIBILIZACIÓN E PREVENCIÓN DE VIH/SIDA E OUTRAS ITS EN PERSONAS XITANAS EN RIESGO DE EXCLUSIÓN SOCIAL, EN ESPECIAL MOZXS E MULLERES).

A súa primeira impresión foi, "outra charla de sexualidade?"
Pero ó final das sesións verbarlizaron estar moi contentxs de como impartiron as sesións tanto Lucía como Rubén e non tiñan nada que ver coas que recibiran anteriormente xa que, non era unha charla en si mesma se non, unha sesión activa, participativa e moi dinámica.

Gracias a Lucía e a Rubén pola súa cercanía para coas mozas e mozos da FSX Vigo e agardamos vervos moi pronto.

Continuará...

Galería

Compartir: