O CODIGI impulsa a educación dixital na FSX de Vigo con máis de 50 participantes

O CODIGI impulsa a educación dixital na FSX de Vigo con máis de 50 participantes [editar]

Mozos Mozos e mozas dos programas Promociona, Promociona+, Promociona T e Caixa Proinfancia participan nesta iniciativa

30 de Mayo de 2025

FSG Vigo

O CODIGI avanza en Vigo da man da Fundación Secretariado Xitano con máis de 50 alumnos e alumnas en formación dixital, unha aprendizaxe esencial nun mundo cada vez máis dixitalizado e cheo de novos retos.

 O programa de educación dixital CODIGI continúa a súa traxectoria na sede da Fundación Secretariado Xitano en Vigo, consolidándose como unha iniciativa clave para achegar as competencias dixitais básicas á mocidade.

Dende o mes de marzo, o proxecto ampliou o seu alcance ao incorporar tamén alumnado do programa Caixa Proinfancia, co obxectivo de que cada participante complete un total de 30 horas de formación dixital. Ata o de agora, máis de 50 alumnos e alumnas participaron no CODIGI entre o 2024 e o que vai do 2025. Deles, 12 xa completaron o itinerario formativo, mentres que unha vintena está a piques de conseguilo. Outros acaban de iniciar a súa andaina no mundo dixital, e confiamos en que moitas máis rapaces se vaian sumando a esta experiencia ao longo do camiño.

É que o programa non se centra unicamente no manexo de ferramentas básicas no ordenador, senón que tamén inclúe contidos sobre benestar dixital, saúde dixital e os riscos asociados ao uso das novas tecnoloxías, sempre mediante actividades lúdicas e entretidas que fomentan a aprendizaxe activa e significativa.

CODIGI segue a súa andaina con ilusión, apostando por unha formación accesible, motivadora e adaptada aos retos do mundo dixital actual.

 

Galería

Compartir: