Mapas dos Soños: Unha Aventura Creativa para os Nenos do programa Acais FSG Vigo [editar]

Os nenos do programa Acais crearon mapas de soños coa súa Técnica Promotora de Saúde. Esta actividade fomentou a creatividade e a visualización de metas, beneficiando a súa saúde emocional e mental.
O pasado martes 18 de marzo, os nenos e nenas do programa Acais, tivemos unha sesión coa nosa Técnica Promotora de Saúde, onde crearon os seus propios mapas de soños, unha práctica que non só fomenta a creatividade e a visualización de metas, senón que tamén ten beneficios significativos para a saúde emocional e mental.
Proporcionóuselles un espazo seguro para expresar os seus desexos e aspiracións, onde os nenos e nenas utilizaron imaxes, palabras e debuxos para plasmar os seus soños nun folio, de maneira que pudieron visualizar máis fácilmente as súas metas. Con esta técnica, tratamos de fortalecer a súa autoestima e axudarlles a sentir unha maior confianza na súa capacidade para alcanzar os seus obxectivos.
