FUNDACIÓN NORTEMPO, PONTE PARA A INSERCIÓN LABORAL DE COLECTIVOS SOCIALMENTE DESFAVORECIDOS [editar]

A través de sendos convenios de colaboración que subscribirá coa Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia (FEAFES) e coa Fundación Secretariado Gitano-Galicia.
Ademais de garantir a formación integral dos candidatos seleccionados, os acordos contemplan a posibilidade de que sexan contratados por centros de traballo de Nortempo ou empresas cliente do Grupo.
Na firma estarán presentes:
Por parte da Fundación Nortempo:
- Presidente, Bartolomé Pidal
- Xerente, Verónica Rivadulla
A rolda de prensa terá lugar mañá martes, 12 de novembro, ás 11:30 horas, na galería Sargadelos de Santiago de Compostela (Rúa Nova, nº16, 2º andar).