FSG Vigo celebra una actividad en el marco del Programa Isto Sastimos

FSG Vigo celebra una actividad en el marco del Programa Isto Sastimos [editar]

Compracemos con Pracer ou Con pracer Compracemos?

18 de Diciembre de 2024

FSG Vigo

Este xogo de palabras fai que nos démos conta da realidade na que vivimos no día a día e, do que queremos realmente para nós como mulleres.

Esta actividade realízase no marco do Programa Isto Sastimos: Programa de sensibilización e prevención de VIH/Sida e outras ITS en personas xitanas en especial mozas e mulleres", financiado polo Ministerio de Sanidade. Secretaría de Estado de Sanidade. Dirección Xeral de Saúde Pública. División de control de VIH, ITS, Hepatites Virais e Tuberculose.

É nos meses de novembro e decembro cando se levan a cabo diversas sesións  grupais nas que, as mulleres do grupo traballaron sobre empoderamento feminino así como, de estaren encamiñadas a formar, informar e dotar de habilidades e ferramentas  principalmente mozas e mulleres, para a promoción e coidados da súa saúde afectiva-sexual e a prevención do VIH/Sida e outras ITS.

Abordamos temas como:

Sesión 1:- O Meu corpo e como coidalo.
Sesión 2:- Qué quero ou non facer nas miñas relacións sexuais.
Sesión 3:- Prevención de ITS e habilidades de negociación de prácticas saudables.

Despois das dinámicas e explicacións facilitadas somos máis conscientes das cousas que facemos por compracer ós demáis pero tamén, de sentir con pracer aquelas cousas relacionadas coa nosa rutina diaria.

Agradecer a Maribel, Fundadora de Lar de Sopas pola amabilidade e agarimo co que nos acolleu e polo seu bo facer. Agardamos verte pronto.

Gracias tamén ás mulleres que fan posible as súas propias realidades e á nosa compañeira  de prácticas, Rebeca, polas súas fantásticas aportacións e amorosidade no trato para con todas nós.

Continuará...


Galería

Compartir: