FSG Vigo celebra la actividad "As familias falan de Sexualidade"

FSG Vigo celebra la actividad "As familias falan de Sexualidade" [editar]

Información e consellos para abordar a sexualidade en familia.

16 de Diciembre de 2024

FSG Vigo

Obradoiros: Sexualidade e ITS en Familia.

Os pasados 11, 12, 13 e 16 de decembro leváronse a cabo sesións en familia para abordar a sexualidade e ITS desde idades moi temperás.

As familias participantes mostraron moita interese e, inda que é algo que lles soe dar moita Lache (vergoña en caló), si quedaron agradecidas pola información de calidade que nos facilitou Lucía Pereda, Educadora Social e Axente de Igualdade a cal, conta cunha ampla experiencia no eido e, en colaboración con Apaioga (Asociación Profesional de Axentes de Igualdade de Oportunidades Galega).

Os contido tratados foron:

O sistema sexo/xénero: a influenza dos estereotipos e roles de xénero no desenvolvemento sexo afectivo.

  • As áreas da sexualidade: física, afectivo, cognitiva, cultural e ética.
  • As infeccións de transmisión sexual.
  • As condicións para unha sexualidade saudable.
  • A educación afectivo sexual: pautas para a abordaxe no fogar.
Ademáis deste temas saíron outros moi interesantes como:
Que é o que ven os nosos fillxs en internet?
Dánse conta que, a pornografía é a fonte de información de moitas nenas e nenos e mozxs e que, a familia debería ser a primeiro contacto que elxs tiveran coa sexualidade.

Queremos agradecer especialmente a Lucía Pereda pola súa implicación, por todas as facilidades e polo seu compromiso e sensibilidade á hora de falar da Sexualidade en familia.
E como non, darlle as gracias a todas as familias participantes pola súa constancia e por mostrar interese nos obradoiros para asumir responsabilidades para con elas e, para cos seus fillos e fillas.

Queremos que esta sexa a primeira de moitas veces así que, ata a próxima!!



Galería

Compartir: