E ti, Chanelas do Cannabis?. Programa de prevención [editar]

Os obradoiros de prevención pretenden informar e sensibilizar acerca do cannabis e o seu consumo.
Están pensados tanto para pre-adolescentes e adolescentes mozas e mozos como para xóvenes que sexan susceptibles dun posible consumo e, nesta ocasión, como podería afectar no entorno sociolaboral.
O pasado xoves 29 de xuño e, dentro do Curso de Operacións básicas de Limpeza, impartimos unha sesión trasversal para falarmos sobre "os mitos das drogas" e, máis especificamente do cannabis.
A metodoloxía empregada foi o traballo en grupo así como a realización dun rol-palying onde puidemos observar as dotes artísticias das e dos participantes, ademais de ser unha forma amena de interiorizar mellor os contidos aprendidos.
Informar sobre os riscos asociados ó consumo do cannabis así como, falar dos mitos e realidades foron os contidos abordados na sesión onde a xuventude xitana participou activamente e con moita implicación falando incluso, de vivencias persoais.
Gracias a todas e todos polas vosas aportacións e por ser respetuosas e respetuosas para cos demais, sen xulgar as súas opinións.
Feliz verán e, que teñades unha boa experiencia laboral.
