Baños saudables de realidade en FSG Vigo

Baños saudables de realidade en FSG Vigo [editar]

As familias continúan a mergullarse nas augas do Instinto Deportivo.

10 de Diciembre de 2024

FSG Vigo

As nais e pais do programa de Prevención en Drogodependencias "En Familia Todos Contan", mergúllanse un ano máis nas augas do Centro Instinto Deportivo do Cuvi en Vigo.

As familias do programa de Prevención en Drogodependencias "En Familia Todos Contan", no marco da subvención coa Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, continúan un ano máis, mergullándose nas augas da piscina do Centro Instinto Deportivo do Cuvi.

Todas elas e eles dánse conta de que, se senten coma peixes na auga e cada vez con máis seguridade e confianza xa que, ademáis de aprender a nadar e a mellorar técnicas de natación tamén teñen tempo para relaxarse no jacuzzi e, vivir momentos de distensión e diversión que, no día a día non se poden permitir polas cargas familiares e laborais. 

Ademáis o noso profe Silván, Coordinador e monitor do centro e a nosa prezada Paula son excelentes profesionais e mellores persoas que, xunto co resto dos compañeirxs forman un equipo humano increíble e, non temos máis que palabras de agradecemento por todas as facilidades e sempre, coa máxima implicación. GRACIAS POR TANTO E TAN BO!

Agradecer tamén ás familias xa que, gracias a este darse conta, neste curso tamén comezaron en piscina as súas fillas e fillos polo que, non podemos estar máis orgullosxs.

O 2025 comezará novamente con ganas, ilusión e máis enerxía para acadar bos resultados e mellorar no noso estilo de vida, quizáis, máis saudable.

Continuará....


Galería

Compartir: