A educación afectiva-sexual a debate entre as nenas e os nenos da FSX Vigo [editar]

Que información teñen as nosas fillas e fillos? Quen ten que educar en sexualidade?
As nenas e nenos dos diferentes programas da FSX de Vigo participan na sesión que imparte Lucia Pereda, Educadora Social e Axente en Igualdade en colaboración con APAIOGA ( Asociación Profesional de Axentes de Igualdade de Oportunidades Galega).
Se antes traballamos nos obradoiros coas familias, non podía ser menos facelo coas súas fillas e fillos👧🏻🧒🏻. Desta maneira todas e todos teñen a mesma información e, unha información baseada en estudos e moi precisa dende idades temperás.
As inquedanzas e curiosidades xurden cada vez máis cedo por mor de internet e das redes sociais📳 e, urxe facer unha boa intervención e prevención neste senso.
Lucía Pereda, captou moi ben a atención dos máis cativos e fixe que o ratiño pasaron voando🕊. Ademais tiveron unha participaron moi activa facendo preguntas e aportacións moi boas.
Non puideron estar máis presentes na actividade e atentos polo que, unha vez máis nos sentimos moi orgullosas polo seu saber estar!
Gracias Lucía por implicarte tanto e facer que as horas sexan como estar lendo un conto!🫂
