Speed Dating Empresarial para o alumnado do Formatéate con Garantía 2025 en FSG Vigo [editar]

O alumnado do Programa Formatéate de Vigo recibe a visita do Grupo Clece
Responsables de Recursos Humanos do Grupo Clece desprazáronse até a Fundación Secretariado Xitano con sede en Vigo para facer un Speed Dating Empresarial aos participantes desta nova edición do Programa Formatéate con Garantía 2025.
O obxectivo desta visita foi facer un encontro entre empresa e participantes, reunindo así dous perfiles que poden precisarse mutuamente.
Os participantes puideron coñecer de primeira man o funcionamento da empresa visitante, así como os procesos selectivos que teñen abertos neste intre.
Logo de recibir toda a información tiveron unha rolda de preguntas, momento que aproveitaron para tratar temas relacionados coa selección de persoal, que cousas son importantes ter no currículo, que datos son máis ou menos relevantes, que detalles son os que acostuman a ter máis en conta cando seleccionan, etc...
Queremos agradecer este encontro ao Grupo Clece que serviu, tamén, para coñecer o seu propio portal de emprego a través do cal o alumnado puido subir o seu CV e apuntarse nas ofertas do seu interese.
En conclusión, crear este tipo de espazos de intercambio é fundamental para fomentar a inclusión laboral xa que abren as portar a novas oportunidades laborais.