FSG Ferrol inicia cursos relacionados co sector naval

FSG Ferrol inicia cursos relacionados co sector naval [editar]

PRL básico, C.2 e sensibilización ambiental

7 de Agosto de 2024

FSG Ferrol

O pasado 7 de agosto puxéronse en marcha dous cursos do sector naval que inclúen prevención básica de riscos laboráis básico, C.2 e concienciación ambiental.

A FSG Ferrol puxo en marcha cursos relacionados co sector naval, enmarcados dentro do programa Acceder Ferrol, un vinculado a FSE+ INCLUSIÓN SOCIAL. GARANTÍA INFANTIL E LOITA CONTRA A POBREZA – Itinerarios integrados de inclusión sociolaboral da poboación xitana: ACCESO con 7 participantes e outro financiado polo PROGRAMA DE APOIO Á INCLUSIÓN SOCIAL “EMPREGANDO” Ferrol.

Con estas formacións preténdese que o alumnado adquira as competencias, coñecementos e certificados necesarios para poder acceder ao traballo no Sector Naval (sector con necesidades de persoal na zona de Ferrol e Fene) e coñecer de primeira man o sector. Os módulos que teñen estes cursos son:

  • PRL Nivel Básico con 60 horas.
  • Curso avanzado de concienciación ambiental de 8 horas
  • Formación transversal (básica, dixital, profesional, de busca de emprego e de economía doméstica) 20 horas.
  • C.2. Actividades Navais de Construción, Reparación e Mantemento en Estaleiros e Dársenas con 8 horas.
  • Formación específica para unha empresa do Sector Naval que dispoña de 16 horasAgardamos que sexan de axuda na formación dos nosos participantes e no acceso ao mundo laboral.

Neste curso utilizouse equipamento (Proxector e mesa auxiliar) adquirido grazas ao FOIE Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o investimento de servizos sociais. EOM-3. Mellora dos equipamentos para a búsqueda de emprego, da Deputación da Coruña.A FSG Ferrol puxo en marcha cursos relacionados co sector naval, enmarcados dentro do programa Acceder Ferrol, un vinculado a FSE+ INCLUSIÓN SOCIAL. GARANTÍA INFANTIL E LOITA CONTRA A POBREZA – Itinerarios integrados de inclusión sociolaboral da poboación xitana: ACCESO con 7 participantes e outro financiado polo PROGRAMA DE APOIO Á INCLUSIÓN SOCIAL “EMPREGANDO” Ferrol.

Convocatoria IRPF Galicia (DX de Inclusión social. Xunta de Galicia) con 5 participantes

 

Galería

Compartir: