Dende a FSG Vigo acompañamos a un grupo de participantes na convocatoria Participación nas Competencias Clave: Unha oportunidad para o futuro

Dende a FSG Vigo acompañamos a un grupo de participantes na convocatoria Participación nas Competencias Clave: Unha oportunidad para o futuro [editar]

27 de Mayo de 2025

FSG Vigo

Acompañamento aos exames das Competencias Clave 2025 as persoas participantes do programa Acceder.

O pasado sábado, dende a Fundación Secretariado Xitano de Vigo tivemos o pracer de acompañar a un grupo de participantes na convocatoria das probas Competencias Clave, unha iniciativa clave para facilitar o acceso á formación profesional para o emprego.

A participación nestas probas supón un paso fundamental para aquelas persoas que non contan cunha titulación académica requerida, e unha vez superadas, permiten o aceso a certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3. Este tipo de formación é unha ferramenta poderosa para mellorar a empleabilidade e avanzar no camiño hacia a inclusión social e laboral.

Dende a Fundación, valoramos e apoiamos o esforzo, a constancia e o compromiso que cada participante demostrou durante a súa preparación.

Sabemos que este tipo de oportunidades non solo reforzan os seus coñecementos, senón que tamén a súa confianza e motivación para seguir construíndo un futuro mellor.
Seguimos traballando cada día para eliminar barreiras e xenerar novas oportunidades, porque a formación é clave para a igualdade e a inclusión real. Agradecer ao Concello de Vigo e a Rede de Emprego por facilitar o desprazamento ata Silleda.

#fondosocialeuropeo #gobiernodeespaña #concellodevigo #xuntadegalicia #fundaciónsecretariadoxitano

Compartir: