A Maxia dos Maios volve florecer coas Mulleres do Programa Calí FSG Vigo FSE+ [editar]

Celebración dos Maios xunto coas entidades de Social Calvario.
O pasado venres festexamos, xunto coas entidades Sociais do Calvario, a festa dos Maios, unha tradición que seguimos a coidar con ilusión, foi unha xornada de encontro, colaboración e festa, aberta tamén a toda a veciñanza, todo amenizado pola actuación do grupo Delicias de Trasmañó.
As mulleres do Programa Calí de Vigo FSE+ compartiron unha maña entre flores, cores e musica tradicional coa xente do barrio e das diferentes asociacións como Afaga, Down, Érguete, Apark, Arela, Asem, Igual Arte, Biblioteca Neira Vilas, CMSS Rivera Atienza e UTS Rivera Atienza.
Dende a FSX, a eclosión de "os Maios" foi o pistoletazo de saída para un mes cheo de luz, cor e boas vibracións. Que a maxia da primavera acompáñenos!
