!Brillo, peiteados e sonos cumpridos dende o Programa Calí FSX de Vigo!

!Brillo, peiteados e sonos cumpridos dende o Programa Calí FSX de Vigo! [editar]

12 de Mayo de 2025

FSG Vigo

las Mujeres del Programa Calí de Vigo FSE+ finalizan la formación ocupacional de peluquería

As instalacións da Academia CEM enchéronse de emoción  o pasado 12 de Maio , ao celebrar clausúraa do curso de perruquería, marcando un fito importante na traxectoria dun grupo das mulleres calí. Tras 42 h de formación, práctica e teórica, estas futuras profesionais están listas para continuar  coa súa arte e creatividade.
Dende os fundamentos do corte e cor ata as últimas tendencias en peiteados e tratamentos capilares, as alumnas adquiriron un coñecemento integral e habilidades prácticas.

"Estamos orgullosos e orgullosas do esforzo, a paixón e o compromiso que cada unha das nosas alumnas demostrou ao longo deste curso", afirmou a tutora da formación.

Durante a cerimonia de clausura, as alumnas recibiron os seus diplomas, símbolo da súa dedicación e o inicio dunha prometedora carreira.

Este non é o final dun camiño, senón o comezo dunha emocionante aventura. Agora, coas ferramentas, o coñecemento e a confianza necesarios, estas novas perruqueiras teñen nas súas mans a capacidade de transformar miradas, elevar a autoestima e facer realidade os desexos de beleza dos seus futuros clientes.

Dende aqui queremos agradecer ó profesorado de CEM polo sua dedicación e paciencia coas mulleres do Programa Calí, e pola toma de contacto cunha profesión tan dura e que en ocasións tan poco valorada. 

Galería

Compartir: