Redescubrirse por dentro e por fóra un obradoiro de FSG Vigo que ilumina a confianza persoal [editar]
Realizaouse un obradoiro de autocuidado dirixido a fortalecer a autoestima, a confianza e o benestar emocional das participantes. A través de dinámicas centradas na autoaceptación, a resiliencia e as relacións saudables, as mulleres puideron reflexionar sobre o seu propio valor e compartir experiencias nun espazo seguro.
Recentemente tuvemos en FSG Vigo un obradoiro de autocuidado e fortalecemento persoal, unha actividade dirixida a fomentar a autoaceptación, a resiliencia e as relacións saudables a través do traballo coa imaxe persoal e o benestar emocional. Esta iniciativa forma parte das accións que a entidade promove de maneira continua para acompañar ás persoas participantes no seu crecemento persoal e social, especialmente a mulleres que buscan ferramentas para potenciar a súa autoestima e reforzar o seu benestar integral.
O obradoiro foi concibido como un espazo seguro, próximo e empoderador, no que as participantes puideron reflexionar sobre a importancia de coidarse física e emocionalmente como primeiro paso para mellorar a confianza en si mesmas e a súa capacidade para afrontar retos cotiáns. A través de diversas dinámicas guiadas, abordáronse conceptos clave como a autoaceptación, a construción dunha autoestima positiva, a identificación das fortalezas persoais e a mellora da resiliencia como habilidade para superar dificultades.
Un dos eixos principais da actividade estivo centrado na imaxen persoal como ferramenta de expresión, autoestima e benestar. As participantes aprenderon pautas básicas de coidado da pel, identificando rutinas adaptadas ás súas necesidades, así como técnicas sinxelas de maquillaxe aplicadas non desde a presión estética, senón desde a idea de que cada muller pode empregar estes recursos para reforzar a súa seguridade, sentirse ben consigo mesma e potenciar a súa presenza ante o mundo.
Ademais da parte práctica, o obradoiro incluíu espazos de diálogo grupal nos que as mulleres puideron compartir experiencias, apoiarse mutuamente e construír un clima de confianza. Este enfoque favoreceu que a actividade se convertese nun lugar de acompañamento emocional, no que cada participante descubriu novas formas de relacionarse consigo mesma desde o respecto e o autocuidado.
É fundamental promover accións que aborden a saúde emocional e o benestar integral, especialmente en contextos nos que as mulleres poden enfrontar barreiras sociais, persoais ou laborais que afectan ao seu desenvolvemento. Por iso, este tipo de obradoiros non só pretenden ofrecer coñecementos prácticos, senón tamén reforzar a autonomía, o empoderamento e a capacidade de cada participante
para tomar decisións saudables na súa vida diaria.
La Red de Promoción de la Salud en la población gitana gallega, es un Programa de interés general con fines de carácter sociosanitario y cofinanciado por la Unión Europea en el marco del Programa FSE+ Galicia 2021-2027, para realizar programas de salud pública, en el campo de la promoción de la salud de la población gitana, por entidades privadas sin ánimo de lucro que desarrollan su labor en la Comunidad Autónoma de Galicia para los años 2024 a 2027.
