O grupo Sara Romí fórmase en deseño de cellas e depilación con fío en Pontevedra para ampliar as súas competencias profesionais.

O grupo Sara Romí fórmase en deseño de cellas e depilación con fío en Pontevedra para ampliar as súas competencias profesionais. [editar]

As participantes realizaron dúas sesións prácticas con enfoque profesional como complemento á súa capacitación para o emprego e á mellora da empregabi

17 de Septiembre de 2026

FSG Pontevedra

As participantes do Programa Sara Romí participaron en dúas sesións formativas centradas no deseño de cellas e na depilación con fío, desenvolvidas como parte das actividades formativas complementarias ao seu itinerario de capacitación para o emprego.

Durante estas xornadas, as participantes puideron achegarse de maneira práctica a diferentes técnicas profesionais de deseño e definición de cellas, así como á depilación con fío, coñecendo os procedementos, materiais e pautas básicas necesarias para a súa correcta aplicación. A actividade desenvolveuse cunha metodoloxía eminentemente práctica e participativa, favorecendo a aprendizaxe a través da experimentación directa.

Máis alá da adquisición de competencias técnicas, as sesións incorporaron un enfoque profesional orientado a ampliar os coñecementos das participantes dentro do sector da estética. Traballáronse tamén aspectos relacionados coa imaxe, a presentación e a calidade do servizo, así como as posibilidades de incorporar estas técnicas como un elemento diferenciador no desenvolvemento dunha marca propia ou dunha futura actividade profesional.

Esta experiencia complementa a formación prelaboral e a capacitación para o emprego que as participantes están a realizar no marco do programa, contribuíndo ao desenvolvemento de competencias como a precisión, a atención ao detalle, a autonomía e o trato coa clientela, ao tempo que lles permite coñecer novas técnicas e ampliar as súas posibilidades de inserción laboral no sector da estética e do coidado persoal.

O Programa Sara Romí está financiado polo Instituto das Mulleres, organismo dependente do Ministerio de Igualdade, no marco das políticas de igualdade, inclusión social e mellora da empregabilidade.

Galería

Compartir: