Na FSG en Pontevedra realizouse un obradorio de "Ioga" que está enmarcado no Programa de Saúde na Poboación Xitana [editar]
Neste obradoiro, orientado ao benestar físico e emocional, as participantes estiveron nun espazo de desconexión e relaxación.
O obxectivo era buscar a mellora da mobilidade corporal e aprender técnicas sinxelas de respiración e relaxación que poidan incorporar na súa vida cotiá.
A través de diferentes posturas, exercicios de mobilidade, respiración e relaxación, traballouse a conexión entre o corpo e a mente, favorecendo a liberación de tensións e a reducción de molestias musculares e do estrés. As participantes valoraron de maneira moi positiva a experiencia.
A Rede de Promoción da Saúde na poboación xitana galega é un Programa de interese xeral con fins de carácter sociosanitario e cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, para realizar programas de saúde pública no eido da promoción da saúde da poboación xitana, por entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolven a seu labor na Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2024 a 2027.

