Na FSG de Pontevedra realizouse un obradoiro de “Danzaterapia” enmarcado no programa de Promoción da Saúde na poboación xitana [editar]
A saúde mental é moi importante para as persoas, e neste obradoiro explicábase a importancia de ter unha boa saúde mental.
Mediante unha terapia baseada no movemento, a música e a expresión corporal como ferramentas para conectar con un mesmo e cos demais. A través de dinámicas sinxelas e participativas, búscase favorecer o benestar emocional, a creatividade, sen necesidade de ter experiencia previa en danza.
O obxectivo é favorecer a expresión emocional, mellorar a conciencia corporal, potenciar a autoestima e a confianza e reducir tensións e o estrés. As participantes manifestaron que o obradoiro lles axudou a coñecerse mellor, a conectar e a sentirse ben consigo mesmas.
A Rede de Promoción da Saúde na poboación xitana galega é un Programa de interese xeral con fins de carácter sociosanitario e cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, para realizar programas de saúde pública no eido da promoción da saúde da poboación xitana, por entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolven a seu labor na Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2024 a 2027.

