FSG Vigo acolle a proba de selección do programa “Formatéate con Garantía” para impulsar a empregabilidade xuvenil

FSG Vigo acolle a proba de selección do programa “Formatéate con Garantía” para impulsar a empregabilidade xuvenil [editar]

SELECCION FORMATEATE

4 de Marzo de 2026

FSG Vigo (Pontevedra)

Hoxe tivo lugar na cidade de Vigo a proba de selección para participar na nova edición do programa “Formatéate con Garantía”, unha iniciativa formativa e laboral impulsada pola Fundación Secretariado Xitano dirixida a xóvenes menores de 30 anos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

O proceso de selección reuniu a un grupo diverso de participantes que aspiran a acceder a este itinerario formativo que combina competencias persoais, dixitais e profesionais coa finalidade de mellorar a súa empregabilidade e facilitar o seu acceso ao mercado de traballo.

Os aspirantes realizaron diferentes probas e entrevistas co equipo de orientación da fundación, orientadas a avaliar habilidades. Esta fase de selección é o primeiro paso para acceder ao programa, que logo ofrecerá formación teórica e práctica no sector da mecánica rápida.

As persoas seleccionadas poderán participar nunha formación de varias semanas con apoio económico, e máis adiante realizar prácticas non laborais en empresas do entorno, favorecendo a súa incorporación ao mercado laboral tras completar o itinerario.

Esta iniciativa forma parte dunha estratexia máis ampla da fundación para combater o desemprego entre a xuventude en situación de vulnerabilidade, combinando formación con experiencia práctica e a colaboración con empresas locais e entidades colaboradoras.

 

Galería

Compartir: