FSG A Coruña participa en las celebraciones del 8 de Abril

FSG A Coruña participa en las celebraciones del 8 de Abril [editar]

10 de Abril de 2026

FSG A Coruña

Diferentes actos realizados en la ciudad de A Coruna por el Día Internacional del pueblo Gitano.

O pasado 8 de abril, celebramos o Día internacional do Pobo Xitano e que mellor xeito de celebralo que no concello da Coruña, coa recepción da alcaldesa Inés Rey e a conselleria de Política Social e Igualdade Nereida Canosa.

Coa lectura do manifesto do grupo de participación xitana, reivindicamos o recoñecemento, a igualdade e promoción do noso pobo.

Aproveitamos para lembrar aos nosos/as políticos/as e cidadáns/as da nosa cidade que é tempo de dar un paso máis como sociedade, porque o pobo xitano non só forma parte da historia... Somos presente e queremos seguir sendo futuro. Agradecer ao @coruna_gal por abrirnos as portas da súa casa para darnos espazo e voz.

Ademais, os nosos cativos celebraron o seu día disfrutando duns talleres moi creativos e divertidos de elaboración de pulseiras, chaveiros e colares con motivos da bandeira xitana.

Tamén, celebramos o día do pobo xitano no CEIP Emilia Pardo Bazán. Contamos coa colaboración de Daniela alumna Promociona e da técnico de Saúde do Secretariado Xitano, Nerea, para falar do 8 de Abril e da súa relevancia. Neste encontro participou quinto de primaria do Ceip Emilia Pardo Bazán. Acercaron a cultura xitana ao alumnado e profesorado.

Salud y Libertad 💙 ❤️ 💚 

Opre Roma!!!

Galería

Compartir: