As mulleres do Programa Calí de FSG Vigo participan no proxecto Educar en Xustiza [editar]
O pasado 12 de Decembro as mulleres do programa Calí FSE+ viviron unha experiencia única na Cidade da Xustiza de Vigo ó participar no proxecto Educar en Xustiza que un ano mais, organzia o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia( TSXG)
As mulleres do Programa Calí de Vigo FSE+ de puideron coñecer de primeira man como funciona a xustiza, visitando as instalacions, sentándose na tribuna e ata simulando un verdadeiro xuizo!
O mais divertido? Coñecer unha muller xuiz, unha oportunidade única para facerlle preguntas e descubrir o seu día a día. E non nos quedamos ahí,tamén puidemos falar con outros funcionari@s e xuices e aprender sobre os diferentes traballos que se realizan na Cidade da Xustiza.
Foi un día cheo de risas , aprendizaxe e moita emoción! Grazas a esta experiencia , as nosas mulleres teñen unha visión máis clara do sistema xudicial, dos seus procedementos e do importante papel que xoga na sociedade, así coo as posibles consecuencias de cometer un delito.
Noraboa por estas iniciativas que permiten achegar as institucións á cidadanía.
pd: Fomos unhas privilexiadas por estar nun dos edificios coas mellores vistas de Vigo.
