Actualidad

[editar plantilla]

A Fundación Secretariado Xitano presenta o seu Informe Anual 2022 co resumo do impacto do seu traballo na vida de miles de persoas [editar]

En Galicia, 2.657 persoas participaron en 17 programas de formación e emprego, educación, vivenda, igualdade e loita contra a discriminación, entre outros.

04 de Julio de 2023
Fsg Galicia

COMPARTIR
A Fundación Secretariado Xitano presenta o seu Informe Anual 2022 co resumo do impacto do seu traballo na vida de miles de persoasA Fundación Secretariado Xitano (FSG) presentou o seu Informe Anual 2022 en formato en liña en https://www.gitanos.org/informeanual/  cun Folleto Resumen 2022 en papel e pdf, e un vídeo cos principais resultados da súa actividade resumidos en 5 minutos.

A Fundación Secretariado Xitano é unha ONG de ámbito estatal con implantación en 14 comunidades autónomas e 81 sedes. En 2022 atendeu a 38.681 persoas de maneira directa en 684 programas de formación e emprego, educación, vivenda, igualdade e loita contra a discriminación, entre outros.

Segundo Isidro Rodriguez, director xeral da FSG, ”2022 foi un ano especialmente intenso. Xunto á nosa actividade cotiá en temas como emprego ou educación, reclamamos aos poderes públicos a erradicación do chabolismo coa campaña “Chabolista.es” e con accións de incidencia política”. No marco do Plan de Recuperación Español a FSG recibiu fondos Next Generation para dous proxectos piloto: un de "Itinerarios de inclusión para persoas beneficiarias do IMV”, co que queremos romper o círculo da pobreza; e o programa TÁNDEM do Servizo Público de Emprego (SEPE) de formación en alternancia con emprego, para “atender as necesidades específicas de emprego de mozos xitanos e xitanas menores de 30 anos”.

Actualmente, a FSG en Galicia conta con sete centros de traballo, situados en cada unha das sete principais cidades galegas (Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo). Contamos cun equipo técnico formado por 85 profesionais e anualmente prestamos servizos a máis de 2.600 persoas a través dos diferentes programas que desenvolvemos.

En 2022 vimos como os nosos servizos recobran a normalidade tras a pandemia. Con todo, seguen sendo necesarias medidas adicionais de acompañamento para as familias xitanas e desde a Fundación fixemos un esforzo por estar ao seu lado.

Desde os equipos da FSG en Galicia continuamos traballando para estar preto das necesidades das familias xitanas e adaptar os nosos servizos e recursos para chegar a máis persoas.

Para iso programas como o “Posta a punto polo Emprego” implantado en seis localidades ou o programa piloto de Itinerarios de Inclusión que se desenvolveu nas localidades da Coruña e Ferrol dirixidos a familias perceptoras do Ingreso Mínimo Vital e que teñen menores en idade escolar, foron clave.

As actuacións de Emprego consolídanse nas sete cidades de Galicia onde temos dispositivo polos que pasaron 1.346 persoas, 675 contratos asinados e 400 persoas formadas. No ámbito educativo, destacamos os nosos programas Promociona-T, Promociona e Promociona +, ademais do Promociona Dixital que se puxo en marcha en Santiago como unha das localidades piloto a nivel estatal. Este ano, 11 mozos e mozas participantes do programa Promociona obtiveron o título de ESO e temos un grupo de 41 mozos cursando estudos post-obrigatorios. En Igualdade consolidamos o programa Calí e tamén o Sara Romí. Este último está a ser unha estupenda ferramenta para comezar a traballar en zonas rurais da provincia de Ourense onde reside boa parte da poboación xitana.

O ano chegaba ao seu fin con novas iniciativa e oportunidades para poñer en marcha. En decembro púxose en marcha unha iniciativa de Xardinería en Lugo no marco do programa TÁNDEM en colaboración co Servizo Estatal Público de Emprego (SEPE) para acondicionar zonas verdes situadas na Reserva da Biosfera. No mesmo estanse formando un grupo de 12 mozos e mozas. Ademais, temos a outros dous mozos participando en prográmas TÁNDEM estatais de Sistemas e Mediación Intercultural. Sen dúbida, unha gran oportunidade de formación para os mozos xitanos.

No plano institucional, o noso labor centrouse na incidencia política a nivel autonómico principalmente. Realizamos, por encargo da DX de Inclusión Social, a Avaliación Final da Estratexia de Inclusión Social da Poboación Xitana en Galicia, coa mirada posta na elaboración da nova Estratexia para o próximo período de Fondos. Tamén realizamos unha actualización da situación de chabolismo e infravivenda en Galicia co fin de elaborar un diagnóstico e unha proposta de intervención para erradicar o chabolismo en Galicia aproveitando o actual marco de financiamento. E, por último, estamos nestes momentos elaborando un Diagnóstico sobre a conciliación das familias xitanas no marco do Plan Concilia, por encargo da Secretaria Xeral da Igualdade. Estas tres actuacións dan medida do nivel de intervención que estamos a realizar nestes momentos.

Seguimos traballando intensamente na parte de sensibilización e loita contra os prexuízos da man da Valedora do Pobo, presentando o noso Informe de Discriminación e Comunidade Xitana, coincidindo co 8 de abril, Día do Pobo Xitano, e celebramos os 20 anos Acceder coa colaboración da Consellería de Política Social e Mocidade e a Consellería de Emprego e Igualdade.

Seguimos tamén participando activamente nas dúas redes con presenza en Galicia, Rede Galega de Loita contra a Pobreza (EAPN Galicia) e a Plataforma de Organizacións de Infancia (POI Galicia). Xunto con elas presentamos iniciativas no ámbito educativo, da vivenda, rendas mínimas, infancia e traballamos por unha futura Lei de Inclusión Social e unha Lei de Familia e Infancia en Galicia.

VOLVER A LA PÁGINA PRINCIPAL DE ACTUALIDAD
...

GITANOS.ORG

...

GITANOS EN LA PRENSA

El alumnado gitano en Secundaria
  • El alumnado gitano en Secundaria
  • VER MÁS