Actualidad

[editar plantilla]

Preto de 50.000 persoas beneficiáronse do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social do Fondo Social Europeo en Galicia. [editar]

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou na clausura do programa operativo de inserción laboral e economía social que desenvolven en Galicia Secretariado Gitano, Cáritas, Cruz Vermella e Inserta Galicia con apoio de fondos europeos.

02 de Mayo de 2023
FSG GALICIA

COMPARTIR
Preto de 50.000 persoas beneficiáronse do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social do Fondo Social Europeo en Galicia.

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, no acto celebrado no Erosky da Seonlla, remarcou que “Unha cultura laboral inclusiva serve para reter o conxunto do talento e atraer diversos  talentos ás nosas empresas que permiten mellorar a innovación, a creatividade e a produtividade” A conselleira estivo acompanada por Covadonga Toca Carús, Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social

 

No período de Fondos Europeos que termina (2016-2023), no que se destinaron a este programa 30 millóns de euros, beneficiáronse 49.063 persoas, desas 19.118 conseguiron emprego e 23.994 realizaron formación.

Por sectores, o maior número de empregos atopouse no sector servizos, seguido de hostalería, sector doméstico e industria (fundamentalmente alimentaria).

Ao longo de todo o período, a colaboración coas empresas foi fundamental para alcanzar os resultados. Vegalsa-Eroski é unha delas, colaborando en toda Galicia coas catro entidades na parte de formación, acollida de participantes en prácticas non laborais, selección e contratación, participando así dunha maneira moi activa nos Itinerarios dos participantes e poñendo en valor a diversidade nos centros de traballo como forma de responsabilidade social.

Neste momento, hai 46 persoas traballando nos seus centros de traballo procedentes da colaboración no marco do programa de emprego. Ao longo do período, traballaron en tendas de Vegalsa-Eroski 136 persoas, realizaron prácticas non laborais 254 persoas sumando máis de 12.000 horas.

Gabriela González, directora de Sustentabilidade e Comunicación de Vegalsa Eroski destacou a importancia que teñen para as compañías este tipo de iniciativas xa que non só permiten aplicar políticas de responsabilidade social centradas na inclusión laboral de colectivos que presentan diversas dificultades para acceder ao mercado laboral, senón que o fan da man de entidades que coñecen á perfección as necesidades destes colectivos. É por iso polo que a compañía de distribución alimentaria leva xa sete anos participando neste programa, que lles permite contribuír á economía social das localidades galegas nas que están presentes. 

O programa persegue atender ás persoas en situación de desvantaxe ou discriminación social para o que se trata de lograr a súa inclusión no mercado laboral, contribuír á igualdade de oportunidades e proporcionar apoio a estas persoas nalgunha outra carencia como escolarización, vivenda ou apoios familiares, explicou a directora territorial da Fundación Secretariado Xitano, Eva Vera. 

Pola súa banda, a directora territorial de Inserta, Beatriz Gallego, destacou a importancia dos datos porque demostran que si se pode loitar contra a exclusión e aínda que pareza un obxectivo utópico pódese previr e solucionar coas medidas adecuadas.

Con todo, as entidades que se encargan da xestión incidiron en que en época de bonanza as persoas saían e entraban, pero tiñan certa facilidade para atopar un traballo e agora, coa crise económica, esas persoas son as primeiras que volveron, xa que teñen unha formación precaria e necesidade de apoios.

Neste contexto, a representante de Cáritas en Galicia, Mª Vitoria González Rodríguez, resaltou o papel das empresas, xa que cada vez asínanse máis convenios de colaboración que permiten a realización de prácticas ou experimentar fórmulas de inserción, na maioría das ocasións con éxito, algo que redunda nos seus programas de responsabilidade social corporativa como reflicte o caso de Vegalsa-Eroski.  A Presidenta de Cruz Vermella, Carmen Colmeiro, destacou os equipos "superespecializados" para estes fins.

Este ano 2023 prevese comezar un novo período de Fondos Europeos, no marco do FSE+ e as catro entidades confían en continuar como xestores destas actuacións para seguir conseguindo avances no ámbito da inserción laboral das persoas vulnerables. Confían tamén, seguir contando co apoio das diferentes Administracións tanto estales como autonómicas e locais, para cumprir coa esixencia de cofinanciamento do programa, de maneira que o investimento do FSE+ siga sendo posible.

Por parte da Fsg, Yolanda Jimenez contounos a sua experiencia de 17 anos na empresa. Dende o primer curso que fixo co equipo Acceder, ata ser responsable da pescaderia do Erosky de Torrecedeira en Vigo. 

“Xuntos polo Emprego” é o lema elixido polas catro entidades xa que xuntas e co apoio de empresas e Administracións traballan día a día para mellorar a vida de miles de persoas que buscan un emprego en Galicia.

Documentos de interés

Galería de Fotos

VOLVER A LA PÁGINA PRINCIPAL DE ACTUALIDAD