Actualidad

[editar plantilla]

8 de Abril, Día Internacional do Pobo Xitano 2023 [editar]

Conmemoramos un ano máis esta data cun cartel e outras pezas de comunicación

03 de Abril de 2023
FSG

COMPARTIR

A celebración do 8 de abril lembra a historia deste Pobo e rende homenaxe ás vítimas xitanas das distintas persecucións ao longo dos séculos. Unha celebración que conmemora o 1er Congreso Mundial Xitano, celebrado en Londres en 1971, no que se adoptaron como símbolos propios a bandeira (azul e verde cunha roda vermella) e o himno Gelem, Gelem.

O Día Internacional do Pobo Xitano é o momento de comprometerse como sociedade, como país, coa plena igualdade dos xitanos e as xitanas. Igualdade desde o recoñecemento da diversidade e do valor dunha identidade cultural propia, pero que forma parte da historia e cultura compartidas.

A pesar dos avances, moitos xitanos e xitanas seguen estando por detrás e a gran distancia do resto da sociedade no goce de dereitos fundamentais como o emprego decente, a educación de calidade, unha vivenda digna ou o dereito a non ser discriminados. O recoñecemento institucional do Pobo Xitano, pero tamén a garantía da igualdade de oportunidades e de trato para os xitanos e xitanas, debe ser un compromiso efectivo dos poderes públicos.

A Fundación Secretariado Xitano aproveita esta data para lanzar pezas de sensibilización social e poñer en valor a cultura xitana. Este ano, producimos un cartel e un vídeo animado para redes sociais, a partir do mural urbano “Bronce e Soño”, situado en Don Benito (Badaxoz). Un escenario que serviu para montar unha sesión fotográfica cos protagonistas do mural Rocío e Paco, e outros nenos, novos e familias xitanas convocados polo noso equipo de FSG Don Benito.

A imaxe do cartel representa o orgullo de ser xitanos co abrazo entre os dous irmáns e o verso do Romancero xitano de Lorca sobreimpreso. Jonatan Carranza Sojo é o creador do mural, que foi un de seleccionados para o concurso internacional Street Art Cities 2022. A sesión fotográfica ha corrido a cargo de Ana Palma, autora das imaxes dos carteis da FSG dos anos 2020 (“Polos nosos maiores”) e 2021 (“Solidariedade con Ucraína”).

En concreto en Galicia realizaronse os seguintes actos: 

En Ferrol: 

No edificio administrativo da Xunta o luns día 3 as 10:30 tivo lugar a Inauguración da Exposición "Lección Xitana" e lectura de Declaración institucional por parte do mediador intercultural da FSG Ferrol. A exposición poderá visitarse ata o día 17 de abril. Acompañaronos no acto, Martina Aneiros Barros, Delegada territorial dá Xunta en Ferrol; María Blanco Aller, Xefa territorial de Política Social e Xuventude; Eva Vera Ledo, Directora territorial de Galicia dá FSG.

As 12:30 tamén o luns día 3, no Concello tivo lugar o acto institucional con motivo da Celebración do 8 abril. Benvida no salón de plenos. Lectura da Declaración institucional (aprobada en Pleno do 30 marzo) e do Comunicado do Grupo de participación Xitana por parte de 2 mulleres do programa ACCEDER (Alba Monteiro Romero e Salomé Monteiro Vargas), fixose a entrega da Bandeira e unha foto de grupo.

O Concello tera a Bandeira exposta ata o íía 8. Acompañaronos Eva Martínez MonteroConcelleira Delegada da Área de Benestar Social, Eva Vera ledo, Directora territorial de Galicia da FSG, Miembros de la corporación municipal; parte del equipo de la FSG, mujeres participantes programa ACCEDER y personas de otras entidades. 

En Pontevedra: 

O luns día 3 en Pontevedra tivemos o acto de colocación da bandeira na Casa dá Luz do Concello de Pontevedra cos membros da corporación local Marcos Rey, Iván Pontes e Yoya Blanco, tamén nos acompañou David Diaz, candidato á alcaldía de Cidadáns.

En Lugo: 

Desde o grupo TÁNDEM conmemoraron o día 8 de abril o pasado día 21, coa visita do Deputado de Participación Cidadá e Alcalde de Xermade, D. Roberto García Pernas.

En Vigo: 

En Vigo, o Alcalde recibiu por parte de membros da Fsg da cidade a bandeira xitana para que o día 8 ondease no Concello. Na recepción nos acompañarón Yolanda Aguiar Concelleira de Servizos sociais, e Cristina Vargas Suarez, participante do programa Acceder e que actualmente esta realizando practicas en Alicia Gil, empresa de estética.

En Santiago de Compostela: 

O acto, que tivo lugar na ponte do río Sar situada no parque Eugenio Granell, iniciouse coas palabras de benvida do alcalde e da directora territoral de FSG Galicia, Eva Ledo, e coa explicación da bandeira e do himno, símbolos que fan referencia á condición itinerante do Pobo Xitano. A lectura do manifesto estivo a cargo de Lorena Moreno e Miriam Fernández, e outros participantes da FSG, e a continuación levouse a cabo a chamada "Cerimonia do río", no que as mulleres botaron pétalos de flores nos río Sar. O acto pechouse co canto do himno do pobo xitano.

Galería de Fotos

VOLVER A LA PÁGINA PRINCIPAL DE ACTUALIDAD
...

GITANOS.ORG

...

GITANOS EN LA PRENSA

El alumnado gitano en Secundaria
  • El alumnado gitano en Secundaria
  • VER MÁS