Actualidad

[editar plantilla]

Comunicado 8 de marzo de 2023, Día Internacional das Mulleres. [editar]

Baixo o lema “Por un mundo dixital inclusivo: innovación e tecnoloxía para a igualdade de xénero”

06 de Marzo de 2023
Fundacion Secretariado Gitano

COMPARTIR

O impacto que teñen as tecnoloxías dixitais na vida cotiá é cada vez máis elevado e convertéronse nunha porta de entrada para moitas xestións do día a día: solicitar unha cita médica, para o padrón ou para a oficina de emprego, etc.

Con todo, a pesar de que a tecnoloxía ofrece novas oportunidades tamén (re)produce e mantén desigualdades xa existentes como as que afectan e seguen afectando a un gran número de familias xitanas en España. Debemos ter moi presente que moitas persoas xitanas nin sequera poden acceder e usar estas tecnoloxías por diversas razóns; algunhas delas, vivir nunha zona ou barrio segregado ou non contar con recursos económicos suficientes, etc.

Ao longo dos últimos anos e sobre todo nos anos de pandemia, puidemos constatar a persistencia desta situación de desigualdade no acceso e uso das novas Tecnoloxías da Información e Comunicación na vida cotiá de moitas persoas xitanas, especialmente de mulleres xitanas, persoas anciás e menores. A este respecto, queremos lembrar que durante a etapa máis estrita do confinamento moitas novas e nenas xitanas non puideron continuar os seus estudos por non contar co equipamento básico necesario para iso, isto é, un computador e/o un móbil con internet.

Este 8 de marzo de 2023 queremos poñer de relevo que esta fenda dixital tamén é cuestión de xénero e que nos afecta en demasía a mulleres e nenas xitanas.





Non podemos permitir que as mulleres, novas e nenas xitanas en situación de máis vulnerabilidade ou en risco de pobreza extrema queden excluídas nos diferentes ámbitos sociais e moi especialmente nos ámbitos laboral, educativo e de participación social, por non contar cos recursos nin os medios tecnolóxicos para iso. Non esquezamos que algo tan estendido como “utilizar internet” non escapa da intersección de desigualdades; isto é, ser muller, xitana, vivir nunha zona ou barrio segregado, ser maior, ser discapacitada, non ter suficientes recursos económicos... sumado a que non ter acceso aos medios dixitais fai que as mulleres xitanas esteamos máis afastadas de alcanzar unha igualdade real.

Por todo iso, este 8 de marzo queremos facer un chamamento aos poderes públicos e ás institucións implicadas en promover a igualdade de xénero e a igualdade de oportunidades, sobre a necesidade de seguir traballando co obxectivo de reducir as brechas de xénero e moi especialmente, a brecha de xénero dixital. Ningunha muller ou nena xitana pode quedar atrás, o empoderamento é participación, por iso hoxe alzamos as nosas voces.

Desde o Grupo de Mujeres Xitanas (GMG) tamén queremos poñer de manifesto nun día tan especial como o Día Internacional das Mujeres, que se cumpren 20 anos da publicación do libro 50 Mulleres Xitanas na Sociedade Española un libro que mostra, a través de breves historias de vida, que as mulleres xitanas somos moi diversas e que non vivimos alleas ao proceso de cambio, nin das transformacións sociais, nin das transformacións dixitais ou tecnolóxicas. E que tampouco somos alleas ás reivindicacións da loita feminista, entre elas, a loita por un mundo máis inclusivo, máis xusto e máis igualitario para todas e todos. Queremos reivindicar que o noso feminismo é xitano e que este tamén beneficia ao conxunto da sociedade.

As mulleres xitanas debemos formar parte da foto da sociedade actual, visibilizándonos e escoitándonos para así transformar e impulsar unha sociedade máis xusta. Celebramos este 8 de marzo como mulleres xitanas diversas e orgullosas.

No Grupo de Mujeres Xitanas da Fundación Secretariado Xitano estamos seguras de que co recoñecemento e o traballo de todas e todos, CONSEGUIRÉMOLO.

En Galicia nas diferentes localidades onde traballa a Fundación, participamos nas actividades desenvoltas polas diferentes admintracions, como e o caso da Coruña onde as Mulleres Calí, mulleres referentes e o equipo da FSG, en total 25 persoas, acompañamos a lectura do manifesto cun intenso e interesantísimo debate sobre a situación das mulleres xitanas no noso entorno local, e os cambios positivo, claramente percibidos, que se foron producindo nos últimos anos.

En Lugo, na sede da Fsg, 15 mulleres do programa Cali fixeron a actividade "Xitana tiñas que ser..." co obxectivo de visibilzar referentes de mulleres xitanas en este caso concreto traballaron a figura de Sandra Carmona Duran. Ademais, participouse nos actos do concello.

En Vigo as 22 participantes do programa Cali, estiveron preparando durante toda esta semana os materiais para levar á manifestación á que asistiron ao redor de 13.000 persoas. É a primeira vez que todo o grupo Cali asiste á manifestación e tamén que ten a oportunidade de difundir a mensaxe xitana dentro da propia manifestación.

En Ferrol nas Sedes FSG, 12 alumnos dos Programas educativos participaron nas dúas actividades desenvolvidas: procura do tesouro e igualdade.

A procura do tesouro de Mujeres xitanas importantes na Historia, o obxectivo era celebrar o 8M (motivos) e dar a coñecer diferentes mulleres referentes feministas xitanas e non xitanas. Na primeira actividade realizaron unha procura de pistas da vida de mulleres, por toda a sede e en parellas, que unha vez localizadas, adiviñaban de quen se trata coa axuda da internet. Finalmente crearon un pequeno mural que recolle os datos máis importantes de cada unha, ademais da súa foto para identificala e recoñecela.

Na segunda actividade traballaron sobre Igualdade e actividade TIC de mulleres xitanas na historia.

En Ourense 8 alumnos do programa promociona na sede da Fundación reflexionaron sobre a importancia do 8 de Marzo e porqué segue sendo necesario traballar pola equidade de xénero e igualdade de oportunidades.
Fixérono a través dun xogo de mesa no que traballamos sobre mulleres referentes na historia, conceptos básicos de igualdade de xénero e preguntas/frases para o debate. Tamén realizaron un mural co lema "Xitana tiñas que ser" no que cada alumno/para elixiu o seu motivo polo que é importante visibilizar este día e a loita pola igualdade. 

En Pontevedra, asistimos ao acto de lectura da declaración institucional do Goberno na Subdelegación de Goberno. O manifesto foi lido pola inspectora de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Irene Fariña.

Tamen Yohana Jiménez, alumna no último curso de C.M. Carpintaría e Moble e dúas veces campeona de boxeo de España participou nos actos de 8M do CEP Marcos da Portela de Pontevedra  co obxectivo de dar a coñecer una muller xitana referente, con participación de 90 alumnos/as.

Por outro lado, nas aulas de reforzo parte do alumnado dos programas educativos participou no xogo de cartas “Virus 8M en Igualdade” e no xogo “Quen é ela?”, para traballar conceptos de igualdade. Ademáis da participación na campaña #gitanateniasqueser xunto co alumnado do curso de expendedores/as en estación de servicio.

En Santiago de Compostela, algunhas das mulleres e nenas participantes puxeron en valor todo o que achegan á sociedade no seu conxunto a través da formación, o emprego e os coidados con frases como "eu rompo barreiras" ou "eu marcarei a diferenza cos meus estudos". O obxectivo é visibilizar a xitanas referentes de Santiago e arredores que rompen prexuízos os 365 días do ano.





#8M2023GMG
NINGUNHA MULLER ATRÁS
NINGUNHA NENA ATRÁS
VOLVER A LA PÁGINA PRINCIPAL DE ACTUALIDAD
...

GITANOS.ORG

...

GITANOS EN LA PRENSA

El alumnado gitano en Secundaria
  • El alumnado gitano en Secundaria
  • VER MÁS