Actualidad

[editar plantilla]

O alumnado do GS. Do San Jose da Guía colabora no Achegando Culturas da B.Neira Vilas da FSG Vigo [editar]

13 de Febrero de 2023
FSG Vigo

COMPARTIR
O alumnado do GS. Do San Jose da Guía colabora no Achegando Culturas da B.Neira Vilas da FSG VigoUtilizando a Biblioteca como recurso o alumnado do San José da Guía realizou dúas propostas para desenvolver cos nenos e nenas do Programa Promociona e as mulleres do Calí de FSG Vigo dentro do proxecto "achegando culturas".

As propostas realizáronse en dúas sesións; A primeira das actividades estaba enfocada aos rapaces e as rapazas do Programa Promociona e nela buscábase gozar do entroido preparando "unhas pantallas" onde os nenos e nenas combinaron toda clases de materiais e cores facendo verdadeiras obras de arte e fixeron un obradoiro de instrumentos con elementos de refugallo para poder finalizar cun gran fin de festa desfilando ao redor da biblioteca.

O alumnado estivo moi participativo e quedámonos con ganas de mais =)

E a 2ª sesión estaba centrada nas mulleres do Programa Calí co fin de empoderar á muller xitana e reforzar os lazos entre culturas.
Con diferentes propostas de achegamento e cohesión grupal, chegouse a un encontro marabilloso sen prexuízos e sen medos de diferentes temas, dende a educación ata a os valores e as costumes.

Unha sesión chea de risas e algunha outra bágoa recordando o noso pasado, presente e o futuro que queremos como mulleres xitanas, mulleres visibles e mulleres con voz.  


                     Todo isto rematou da mellor das maneiras, cantando e bailando, ao ritmo das nosas palmas.

Dende aquí agradecer a colaboración de Mar, da Biblioteca Xosé Neira Vilas ,a Diego do CPR San José da Guía e a todo o alumnado que participou e se implicou coas actividades. 

 

As propostas realizáronse en dúas sesións; A primeira das actividades estaba enfocada aos rapaces e as rapazas do Programa Promociona e nela buscábase gozar do entroido preparando "unhas pantallas" onde os nenos e nenas combinaron toda clases de materiais e cores facendo verdadeiras obras de arte e fixeron un obradoiro de instrumentos con elementos de refugallo para finalizar cun gran fin de festa desfilando ao redor da biblioteca.

O alumnado estivo moi participativo e quedámonos con ganas de mais

E a 2ª sesión estaba centrada nas mulleres do Programa Calí co fin de empoderar á muller xitana e reforzar os lazos entre culturas.
Con diferentes propostas de achegamento e cohesión grupal, chegouse a un encontro marabilloso sen prexuízos e sen medos de diferentes temas, dende a educación ata a os valores e as costumes.

Unha sesión chea de risas e algunha outra bágoa recordando o noso pasado, presente e o futuro que queremos como mulleres xitanas, mulleres visibles e mulleres con voz.  


                     Todo isto rematou da mellor das maneiras, cantando e bailando, ao ritmo das nosas palmas.

Dende FSG Vigo agradecer a colaboración de Mar, da Biblioteca Xosé Neira Vilas ,a Diego do CPR San José da Guía e a todo o alumnado que participou e se implicou coas actividades.

Galería de Fotos

VOLVER A LA PÁGINA PRINCIPAL DE ACTUALIDAD