25 de Enero de 2023
Fsg Galicia
O pasado luns, Jacobo Rey, Director Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica e Cristina Blanco, Subdirectora de Política Familiar, Infancia e Adolescencia, estiveron na sede da Fundación Secretariado Gitano de Santiago coñecendo de primeira man como funciona unha das Aulas Promociona.
A Dirección Xeral de Familia leva dende o ano 2016 apoiando o programa Promociona que desenvolvemos nas sete ciudades galegas (A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo) e que ten por obxetivo acadar o éxito eductivo dos mozos e mozas xitanas, que obteñan o título da ESO e que continúen estudos postobrigatorios.
Actualmente estamos a traballar con máis de 350 alumnos e alumnas, e con máis de 100 centros educativos de primaria e secundaria. Cada curso académico acadamos unha ducia de titulados na ESO e temos un grupo de alumnado en cursos postobrigatorios de 40 mozos e mozas que estudan na Universidade, Bacharelato e Ciclos Superiores ou Medios. Este programa ten moito impacto e está a acadar moi bos resultados.
En 2022, a localidade de Santiago de Compostela foi unha das ciudades que participou nunha experiencia piloto para implantar o Promociona Dixital. Hoxe estamos poñendo en marcha esta iniciativa en toda España co obxectivo de garantir que os nenos, nenas e xóvenes xitanos accedan as disciplinas dixitais e tecnolóxicas, mellorando o manexo do ordenador e as novas tecnoloxías
Nesta ocasión lanzamos esta iniciativa de “Programación e pensamento computacional” no resto de localidaes de Galicza, con metodoloxía de @Code.org grazas a unha formación de @fundacionTef. #PromocionaDigital é un proxecto financiado por #FondoSocialEuropeo e @Deloitte_É.Enlaces
GITANOS.ORG
GITANOS EN LA PRENSA