Actualidad

[editar plantilla]

En 2021 a Fundación Secretariado Xitano contribuíu a mellorar a vida de 2485 persoas en ámbitos como a educación, o emprego, a vivenda ou a igualdade [editar]

A Fundación Secretariado Xitano (FSG) presentou o seu Informe Anual 2021 en formato dixital, cun Folleto Resumen 2021 en papel e pdf, e un vídeo cos principais resultados da súa actividade en 4 minutos.

03 de Agosto de 2022
FSG GALICIA

COMPARTIR
En 2021 a Fundación Secretariado Xitano contribuíu a mellorar a vida de 2485 persoas en ámbitos como a educación, o emprego, a vivenda ou a igualdade
  • En 2021, a avogada e deputada xitana Sara Giménez, asumiu a presidencia da Fundación Secretariado Xitano.
  • A FSG presentou a Avaliación de Resultados e Impacto do programa Acceder 2000-2020 que este ano en Galiza atendeu a 1299 persoas das cales 260 acadaron un emprego. 
  • Púxose en marcha un proxecto piloto de inclusión social dirixido a menores e familias beneficiarias do Ingreso Mínimo Vital co obxectivo de romper o círculo da pobreza, en Galiza nas cidades de Ferrol e A Coruña. 
  • A FSG traballou con 396 alumnos e alumnas para contribuír ao seu éxito escolar. 

Este ano en Galiza, todas as nosas expectativas estaban postas na saída da pandemia do covid-19, e sen dúbida, o contexto foi moi distinto ao ano anterior. Pero aínda son moitos os efectos que deixou a pandemia e que repercutiron de maneira negativa sobre a vida das persoas xitanas e non xitanas.

Desde os equipos da FSG en Galicia continuamos traballando para estar preto das necesidades das familias xitanas e adaptar os nosos servizos e recursos para chegar a máis persoas. Exemplo diso é que, ao longo de 2021, abrimos sede propia en Ferrol e na Coruña. Isto vainos a permitir desenvolver máis actuacións como o programa Sara Romí na Coruña e o programa de Itinerarios de Inserción con perceptores do Ingreso Mínimo Vital que puxemos en marcha nas dúas cidades.

Destacamos os resultados en educación deste curso académico no que, dezasete alumnos e alumnas obtiveron o título de graduado en ESO. Este ano, no marco da convocatoria do IRPF de Galicia, puxemos en marcha o programa Promociona + en catro localidades: Lugo, Ferrol, Pontevedra e Ourense, co obxectivo de seguir acompañando ao alumnado Promociona nos estudos post-obrigatorios.

No ámbito do emprego, en 2021 utilizaron os servizos da Fundación 1.299 persoas. Destacar que en Lugo imos reforzar os Itinerarios Sociolaborais con Mujeres e para iso contamos cunha Aula EDYTA en Lugo, grazas á colaboración de Fundación Orange.

2021 foi un ano marcado sen dúbida para Galicia pola celebración do noso XVII Encontro Institucional da Fundación que tivo lugar en Santiago de Compostela os días 17, 18 e 19 de novembro.

Tras a cancelación en marzo de 2020 e o feito de levar tanto tempo sen vernos debido á pandemia, o Encontro era moi esperado e gozámolo moito todos. A presenza institucional foi importante xa que nos acompañaron desde o presidente da Xunta de Galicia e a Conselleira de Política Social ata o alcalde de Santiago de Compostela, ademais dos compañeiros da Asociación de Promoción e Integración Xitana de Lugo, tamén estiveron a presidenta de EAPN Galicia e o presidente da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia. Destacar tamén a colaboración dos dous Museos, Museo do Pobo Galego e Centro Galego de Arte Contemporánea, que nos acolleron poñendo en valor a cultura actual e a gran riqueza patrimonial que ten Galicia, máis concretamente Santiago de Compostela.

E xa para terminar, continuar destacando o Premio que recibiu Manuel Vila, presidente da Asociación de Promoción e Integración Xitana de Lugo que foi galardoado coa Medalla Castelao. Un recoñecemento que en palabras do propio Manuel é un recoñecemento a todo o sector e ás persoas que traballamos por mellorar a vida das persoas xitanas en Galicia.

Documentos de interés

VOLVER A LA PÁGINA PRINCIPAL DE ACTUALIDAD