Actualidad

[editar plantilla]

Presentamos xunto á Valedora do pobo, o informe de discriminación 2021 [editar]

Eva Vera Ledo e Dolores Fernandez Galiño presentaron no marco do 8 de abril, Discriminación e comunidade Xitana.

08 de Abril de 2022
FSG GALICIA

COMPARTIR
Presentamos xunto á Valedora do pobo, o informe de discriminación 2021Este informe, que chega aquí ao seu XVII edición, recolle os casos que atendemos no ano 2020, un ano moi especial debido á pandemia da COVID-19, que afectou a vida de todas as persoas a nivel mundial. Desgraciadamente, tamén a COVID-19 supuxo un novo pretexto para o aumento de discursos antigitanos, que vinculaban ao pobo xitano coa transmisión do virus e o incumprimento das medidas sanitarias, xerando á súa vez odio e discriminación

Nesta edición de 2020 o número total de casos ascende a 364, son 58 menos dos que se documentaron o ano pasado. Este descenso débese, sobre todo, a que no ano 2020 non se realizou o ciclo de vixilancia do Código de Conduta da Comisión Europea sobre discurso de odio na internet, ámbito no que a  FSG participa como  trusted  flagger (ou informante fiable) desde hai 6 anos. Neses ciclos a  FSG adoita reportar máis de 100 casos de discurso de odio  antigitano en redes, que este ano non están no informe. Doutra banda, documentamos numerosos casos de malas prácticas en medios de comunicación, que vinculaban á comunidade xitana coa propagación do virus da COVID-19.

Para rematar, a lectura do Manifesto con motivo do Día Internacional do Pobo Xitano e entrega bandeira xitana correu a cargo de Sonia Suárez Suárez, voluntaria da FSG en Ourense, Javier León Gabarri, estudiante de Dereito e Miriam Fernández Ferreduela, traballadora da FSG en Santiago de Compostela.

VOLVER A LA PÁGINA PRINCIPAL DE ACTUALIDAD
...

GITANOS.ORG

...

GITANOS EN LA PRENSA

El alumnado gitano en Secundaria
  • El alumnado gitano en Secundaria
  • VER MÁS