Actualidad

[editar plantilla]

8 de abril. Día Internacional do Pobo Xitano 2022 [editar]

Solidariedade con Ucraína. Solidariedade co Pobo Xitano

08 de Abril de 2022
Fsg Galicia

COMPARTIR

Un ano máis, a Fundación Secretariado Xitano ( FSG) súmase á celebración do 8 de abril, Día Internacional do Pobo Xitano, para lembrar a historia deste Pobo e render homenaxe ás vítimas xitanas das distintas persecucións ao longo dos séculos. Unha celebración que conmemora o 1 er Congreso Mundial Xitano, celebrado en Londres en 1971, no que se adoptaron os símbolos propios: a bandeira azul e verde cunha roda vermella, e o himno Gelem, Gelem.

O Día Internacional do Pobo Xitano, é o momento de comprometerse como sociedade, como país, coa plena igualdade dos xitanos e as xitanas. Igualdade desde o recoñecemento da diversidade e do valor dunha identidade cultural propia, pero que forma parte da nosa historia e a nosa cultura compartidas.

A pesar dos avances, os xitanos e xitanas seguen estando por detrás e a gran distancia do resto da sociedade no goce de dereitos fundamentais como o emprego decente, a educación de calidade, unha vivenda digna ou o dereito a non ser discriminados. O recoñecemento institucional do Pobo Xitano, pero tamén a garantía da igualdade de oportunidades e de trato para os xitanos e xitanas, debe ser un compromiso efectivo dos poderes públicos.

A celebración do Día Internacional do Pobo Xitano 2022 chega nun terrible contexto de conflito internacional coa invasión militar rusa de Ucraína, e non podemos ignorar o que está a suceder nas fronteiras da Unión Europea. Por iso, este ano queremos que o 8 de abril constitúa tamén unha sentida homenaxe a todas as persoas que están a sufrir en primeira persoa as consecuencias desta guerra, tanto en Ucraína como nos países limítrofes e, especialmente, á comunidade xitana ucraína, que sabemos que en moitos casos está a sufrir un trato discriminatorio.

Coa imaxe do cartel conmemorativo deste ano, a Fundación Secretariado Xitano quere manifestar a súa solidariedade co conxunto do pobo ucraíno, prestando especial atención á situación que vive a poboación xitana, xa de seu, afectada pola desigualdade e discriminación, nos procesos de saída e acollida.

Este cartel inclúe unha fotografía realizada en Sabadell pola fotógrafa Ana Palma, na que aparecen dous nenos e unha nena coa bandeira xitana e a de Ucraína, acompañada dos hashtag # SolidaridadConUcrania # SolidaridadConElPuebloGitano

Eventos institucionais Autonomicos. 

En Vigo entregóuselle ao bandeira xitana ao Alcalde e procedeuse a colgala na fachada do concello. Resaltouse que a FSG cumpre 20 anos de traballo en Vigo e o interese mutuo de seguir colaborando de maneira conxunta. O rematar, realizaronlle una entrevista o noso compañeiro Fernando. 

No concello de Santiago procedeuse á lectura do manifesto por participantes do Programa Acceder e entregouse a bandeira á corporación municipal. Recibiuna o señor alcalde, Xosé S. Bugallo, e a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, acompañados por Isabel Suárez e Miriam Fernández, da Fundación Secratario Xitano, e representantes dos demais grupos municipais, deron lectura ao manifesto institucional. .

No  concello de Xinzo, Zaira, participante do Sara  Romi, leu o manifesto e a alcaldesa, Elvira Lama, destacou a relevancia dos actos programados en Xinzo de Limia: “Contribuímos para non esquecer que hai minorías as que debemos dar visibilidade en aras de mellorar a convivencia, especialmente en momentos de crisis, nos que volven a estenderse discursos que alimentan o odio e que nos separan como sociedade”.

En Ferrol, con motivo da celebración do Día internacional do pobo xitano, 8 de abril, acudiuse ao Concello de Ferrol a un acto institucional co alumnado do programa Promociona +, do que estamos profundamente orgullosos e orgullosas. Ademais, fixemos entrega da bandeira do pobo xitano, que estará na fachada do Concello de Ferrol. 

Na Coruña, realizouse a recepción no salón de plenos do Concello, coa Alcaldesa Inés Rey e a Concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá. Participantes no programa de formación para o emprego "Formátache" e mulleres do grupo Sara Romí, leron o manifesto e presentaron distintos elementos da cultura xitana que espertaron o interese de todos. A nosa bandeira, ocupa un lugar de honra na entrada principal do Palacio de María Pita. 

En Pontevedra colocouse a bandeira xitana no balcón do Concello de Pontevedra.  A recibiu o concelleiro de Benestar Social, Marcos Rey, a concelleira de Igualdade, Yoya Blanco, e o noso alumnado do proxecto Formátache con Garantía.




Galería de Fotos

VOLVER A LA PÁGINA PRINCIPAL DE ACTUALIDAD
...

GITANOS.ORG

...

GITANOS EN LA PRENSA

El alumnado gitano en Secundaria
  • El alumnado gitano en Secundaria
  • VER MÁS