Actualidad

[editar plantilla]

Representantes da FSG de Galicia asisten a lectura da declaración institucional polo día do Pobo Xitano [editar]

O "contexto de dificultades" non debe frear os avances sociais para o Pobo Xitano

06 de Abril de 2022
FSG GALICIA

COMPARTIR
Representantes da FSG de Galicia asisten a lectura da declaración institucional polo día do Pobo Xitano Vivimos nun contexto de dificultades (crises, pandemia, guerra…) pero que non pode supoñer un paso atrás nos avances que demos na garantía de dereitos e oportunidades para o Pobo Xitano en España e en Europa.

Celebramos, un ano máis, o 8 de abril, Día Internacional do Pobo Xitano. Unha celebración que conmemora o 1º Congreso Mundial Xitano, celebrado en Londres en 1971, no que se adoptaron os símbolos propios do Pobo Xitano: a bandeira azul e verde cunha roda vermella, e o himno Gelem, Gelem. En España foi en 2018, a petición do Congreso dos Deputados, cando tivo lugar o recoñecemento do 8 de abril como Día do Pobo Xitano, así como o uso da bandeira e o himno xitanos.

A celebración do Día Internacional do Pobo Xitano 2022 chega nun terrible contexto de conflito internacional, coa invasión militar rusa de Ucraína, e non podemos ignorar o que está a suceder nas fronteiras da Unión Europea. Por iso, este ano queremos que o 8 de abril constitúa tamén unha sentida homenaxe a todas as persoas que están a sufrir en primeira persoa as consecuencias desta guerra, tanto en Ucraína como nos países limítrofes, e especialmente á comunidade xitana ucraína, que sabemos que en moitos casos está a sufrir un trato discriminatorio. 

Os pasos que se van dando no recoñecemento institucional, e a conmemoración do 8 de abril é un deles, deben traducirse tamén en medidas concretas para reducir a desigualdade, loitar contra a discriminación e o antixitanismo, e avanzar en dereitos e cidadanía do Pobo Xitano.

Documentos de interés

Galería de Fotos

VOLVER A LA PÁGINA PRINCIPAL DE ACTUALIDAD
...

GITANOS.ORG

...

GITANOS EN LA PRENSA

El alumnado gitano en Secundaria
  • El alumnado gitano en Secundaria
  • VER MÁS