Actualidad

[editar plantilla]

“LECCIÓN XITANA”, unha exposición para contribuir ao coñecemento do pobo xitano [editar]

Pode visitarse de balde no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela do 18 ao 28 de novembro de 2021

12 de Noviembre de 2021
FSG Galicia

COMPARTIR
“LECCIÓN XITANA”, unha exposición para contribuir ao coñecemento do pobo xitano“Lección Xitana” é ese capítulo perdido dos libros de historia; a cultura silenciada; os nomes propios invisibilizados; as novas que non se publicaron e as anécdotas que nunca nos contaron.

“Lección Xitana” presenta unha historia de persecución e dor, pero tamén a resistencia, superación e dignidade, así como a contribución xitana ao patrimonio social e cultural común.

Fai uns mil anos os antigos xitanos saíron en diferentes etapas desde a India cara a Occidente. Tomaron diferentes roteiros que lles levaron a percorrer o que hoxe é Afganistán, Irán, Armenia e Turquía. Co paso do tempo establecéronse nos países de Centro Europa e de Europa Occidental. A súa orixe está infestado de lendas e mitos, debido á escaseza de fontes escritas. 

Desde a Fundación Secretariado Xitano buscamos que Lección Xitana permita cambiar a visión que se ten do pobo xitano e ofrecer unha mirada máis realista e xusta que combata estereotipos e prexuízos arraigados na sociedade e que permita construír cidadanía e loitar por un futuro compartido sen discriminación.

Con afán divulgativo, Lección Xitana quere dar a coñecer unha historia de persecución e dor, pero tamén de resistencia e achega: O incalculable legado cultural do Pobo Xitano ao patrimonio social e cultural común. 

En definitiva, trátase de construír unha sociedade máis intercultural e diversa, que promova a igualdade de dereitos de todos os cidadáns e cidadás e desterre a discriminación. A Lección Xitana é ese capítulo perdido dos nosos libros, esa parte da nosa historia común silenciada; eses nomes propios invisibilizados; as noticias que nunca se escoitaron; as anécdotas que nunca nos contaron. É a lección que nunca nos ensinaron.

Porque o coñecemento é o primeiro paso para construír cidadanía e loitar por un futuro compartido sen discriminación. O coñecemento sempre nos fai máis libres e iguais.

 

Lección Xitana

Documentos de interés

Galería de Fotos

VOLVER A LA PÁGINA PRINCIPAL DE ACTUALIDAD
...

GITANOS.ORG

...

GITANOS EN LA PRENSA

El alumnado gitano en Secundaria
  • El alumnado gitano en Secundaria
  • VER MÁS