Actualidad

[editar plantilla]

Xornada Pobo Xitano: por unha sociedade máis igualitaria II [editar]

Hoxe, 8 de abril, conmemoramos o 50 aniversario do Primeiro Congreso Internacional Gitano celebrado en Londres en 1971, no que un grupo de xitanos de diversos países visibilizaron e trasladaron os desexos de recoñecemento do Pobo Xitano e o recordo das súas vítimas a longo da historia.

08 de Abril de 2021
FSG GALICIA

COMPARTIR
Xornada Pobo Xitano: por unha sociedade máis igualitaria II

Recoñecer legalmente o matrimonio xitano, combater estereotipos, tender pontes, visibilizar desigualdades e lembrar o papel dos maiores son algunhas das ideas que se manifestaron na xornada “Pobo xitano: por unha sociedade máis igualitaria II” que hoxe, 8 de abril, Día Internacional do Pobo Xitano, celebraron o Consello da Cultura Galega (CCG), a Valedora do Pobo e a Fundación Secretariado Gitano. Os relatorios, que foron gravados previamente, xa se poden consultar desde o web e as redes sociais do CCG.


Cincuenta anos despois daquel Congreso de Londres, catro son os principais símbolos que hoxe son recoñecidos internacionalmente, que lle dan un carácter especial a esa conmemoración, e cos que as distintas comunidades xitanas de todo o mundo se senten identificadas: o idioma, a bandeira, o himno e, unha data, o 8 de abril, fixado no calendario internacional para recoñecer o Pobo Xitano e a súa aportación a cultura e a historia de todo o mundo.

O Consello da Cultura Galega e a Valedora do Pobo organizaron, coa participación da Fundación Secretariado Gitano, unha  xornada nunha data tan relevante para os xitanos e xitanas de todo o mundo, e por suposto de Galicia, co obxectivo de contribuír a cambiar a visión que se ten sobre o pobo xitano e ofrecer unha mirada máis realista e xusta, que combata os prexuízos e estereotipos presentes na sociedade.

Rosario Álvarez Blanco, presidenta do Consello da Cultura Galega, María Dolores Fernández Galiño, valedora do Pobo, e Eva Vera Ledo, Directora Territorial da Fundación Secretariado Gitano en Galicia,foron as encargadas de presentar esta xornada.

Na mesa participaron Ana Segovia e David Gabarri, compañeiros da FSG que falaron sobre prexuízos, estereotipos e participación social, e Manuela e Sonia participantes do programas que desenvolvense na FSG, testemuñas en primeira persoa do cambio que se produciu na sociedade en xeral e na comunidade xitana en particular nos últimos 20 anos. Esta xornada foi precedida por unha ponencia marco sobre Interculturalidade no mes de novembro, no Día Mundial para a Tolerancia. Dita xornada foi impartida por Carlos Giménez, profesor de Antropoloxía Social da Universidade Autónoma de Madrid.

Dende a Fundación Secretariado Gitano queremos agradecer a ámbalas dúas institucións a súa colaboración nestas xornadas, e sobre todo, pola súa labor de sensibilización e visibilización. Con este motivo e coincidindo coa celebración do Día Internacional do Pobo Xitano fíxose entrega da bandeira xitana a Presidenta do Consello da Cultura Galega e a Valedora do Pobo.

Presentación da Xornada
VOLVER A LA PÁGINA PRINCIPAL DE ACTUALIDAD
...

GITANOS.ORG

...

GITANOS EN LA PRENSA

El alumnado gitano en Secundaria
  • El alumnado gitano en Secundaria
  • VER MÁS