Actualidad

[editar plantilla]

O Consello da Cultura Galega e a Valedora do Pobo celebraron o Día para a Tolerancia cunha xornada sobre o pobo xitano [editar]

O 12 de decembro de 1996 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 16 de novembro como o Día Internacional da Tolerancia.

A comunidade xitana segue a ser un dos grupos sociais máis rexeitado e sobre o que hai máis prexuízos. Dende a Fundación Secretariado Gitano traballamos para mudar esta realidade en colaboración con organismos da relevancia da Oficina da Valedora do Pobo e o Consello da Cultura Galega.

16 de Noviembre de 2020
FSG

COMPARTIR
O Consello da Cultura Galega e a Valedora do Pobo celebraron o Día para a Tolerancia cunha xornada sobre o pobo xitanoEn 1996, a Asemblea Xeral da ONU (na súa resolución 51/95) convidou os Estados Membros a celebrar o Día Internacional da Tolerancia o 16 de novembro. Esta acción deu seguimento ao Ano das Nacións Unidas para a Tolerancia de 1995, proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1993 por iniciativa da UNESCO, como se indica na Declaración de Principios sobre Tolerancia e Plan de Acción de Seguimento do Ano.

Acábase de celebrar a xornada "Pobo xitano, por unha sociedade mais xusta" que organizaron o Consello da Cultura Galega ( CCG), a Valedora do Pobo e a Fundación Secretariado Xitano. Por mor da situación sanitaria, desenvolveuse por internet dentro do marco do Dia para a Tolerancia.

A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, destacou que " Móvenos ou interese e compromiso común, amplamente compartido, a prol dá tolerancia, a inclusión e a igualdade"

O malo non é a diferenza, senón os prexuizos que predispoñen e tradúcense en actitudes e comportamentos negativos cara a unha persoa ou un grupo de persoas, destacou Dolores Fernandez.
Eva Vera  ,directora territorial dá Fundación Secretariado Xitano, sinalou “que o coñecemento é o primeiro paso para construír cidadanía e loitar por un futuro compartido sen discriminación”.

A discriminación contra a comunidade xitana e o antigitanismo segue sendo unha realidade na nosa sociedade. Sabemos que a discriminación provoca unha vulneración do dereito fundamental á igualdade e a dignidade das persoas, e a miúdo impide o exercicio da cidadanía e do conxunto dos seus dereitos humanos. Ademais, séguense producindo delitos de odio contra persoas xitanas, e o discurso de odio antigitano asolaga as nosas redes sociais, o que produce un gran dano moral ao Pobo Xitano e propicia o contexto ideal para outras vulneracións de dereitos. O rexeitamento social afecta o exercicio dunha cidadanía plena e ao desenvolvemento dunha vida digna, como sinalou o Parlamento Europeo na súa nova Resolución sobre antigitanismo.

As responsables de ambas as entidades, Rosario Álvarez e Dolores Fernández, foron as encargadas de inaugurar esta cita, que xa  esta dispoñible na web do CCG e tamen dende na de youtube da Fundación Secretariado Gitano. Canda elas, na inauguración tamén participou Eva Vera, directora territorial da Fundación Secretariado Gitano en Galicia.

Rosario Álvarez lembrou na súa intervención que a cultura galega sempre se definiu como unha cultura integradora, non excluínte. “Debémosllo quizais a sermos un pobo que se sitúa ao final dun camiño que durante milenios percorreron xentes de todo o mundo coñecido na época, sempre acollidas de forma hospitalaria, querendo que se fixesen parte de nós; tamén, con importancia non menor, a ser nos un pobo emigrante, que ten fillos e fillas en todas as partes do mundo”. A xornada incardínase nunha das liñas de traballo da institución que busca a igualdade sexa de xénero, de lingua, de hábitat, de territorio ou de calquera outra variable. Ademais, é a primeira cita dunha vía de colaboración que a institución acaba de subscribir coa Valedora do Pobo.

Pola súa parte, a valedora do pobo, Dolores Fernández, destacou que “celebrar esta actividade coincidindo co Día Internacional para a Tolerancia, promovido por Nacións Unidas, é especialmente significativo. A tolerancia non se remite a indulxencia ou indiferencia dos que se creen tolerantes respecto os que se consideran tolerados. A tolerancia é o respecto as crenzas, culturas, opinións, das persoas que integran unha sociedade. So nunha sociedade tolerante poden florecer os dereitos humanos”.

Eva Vera, delegada territorial da Fundación Secretariado Gitano, incidiu no feito de que “o pobo xitano mantén un rico patrimonio cultural e unha identidade, valores e costumes que os Estados deben coidar e protexer”.

A xornada tivo como obxectivo contribuir a cambiar a visión  que existe sobre o pobo xitano e ofreceu unha nova mirada mais realista e xusta que combata os estereotipos e prexuizos vixentes. Foi tamén a primeira actividade que inaugura a colaboración institucional entre o Consello da Cultura Galega e a Valedora do Pobo.

Pola sua parte, Carlos Jimenez  incidiu qeu o verdadeiramente significativo está nas manifestacións culturais, nos seus valores e en toda a dimensión simbólica. “Teñen un concepto moi arraigado e singular da familia, pero tamén teñen outros valores como o respecto aos seus maiores ou as formas de solución de conflito, nas que as figuras de respecto teñen un rol importante”.

Preme no enlaces para ver mais información. 

POBO XITANO: POR UNHA SOCIEDADE MÁIS IGUALITARIA


Unha aproximación á cultura xitana
VOLVER A LA PÁGINA PRINCIPAL DE ACTUALIDAD
...

GITANOS.ORG

...

GITANOS EN LA PRENSA

El alumnado gitano en Secundaria
  • El alumnado gitano en Secundaria
  • VER MÁS