06 de Junio de 2018
Fsx Vigo.
As familias agradeceron especialmente que se lles teña en conta e se lles escoite dende o Centro.
O profesorado mostrouse moi acolledor e facilitador en todo momento, no sentido en que lle deron todas as posibilidades para que asistan ó centro e falen con eles/as por se teñen algunha dificultade.
A sesión celébrase no IES Ribeira, coa participación das familias, fillas e fillos (alumnado do centro) e o profesorado (Víctor, Xefe de Estudos, Asunción, Orientadora Educativa e Ana, profesora de Pedagoxía Terapeútica).
Na metade da sesión incorpórase un pai.
A sesión inicia cunha dinámica de presentación que fai que se cre un clima de distensión e cohesión grupal para dar paso seguidamente ó rol playing onde o profesorado fai de alumnas e alumnos e, as familias de profesorado e, un dos fillos tamén representou un papel sendo as demáis persoas observadoras.
Despois desta escenificación, cada persoaxe asume novamente o seu rol, o profesorado pasa a responder as preguntar que formulen tanto as familias como o alumnado.
← VOLVER A LA PÁGINA PRINCIPAL DE ACTUALIDADGITANOS.ORG
GITANOS EN LA PRENSA