08 de Abril de 2017
FSG VIGO
Esta data recorda o Primeiro Congreso Mundial romaní/xitano celebrado en Londres o 8 de abril de 1971 no que se instituyó a bandeira e o himno xitano.
A bandeira é verde e azul, simbolizando o ceo e o campo, cunha roda de carro vermella no centro, que simboliza o camiño desde a India e a liberdade. O himno xitano, Gelem, gelem (Andei, andei), foi composto por Jarko Jovanovic e recorda aos xitanos e xitanas vítimas do nazismo.
No 4º Congreso Internacional Xitano en Serok, Polonia designouse o 8 de abril como Día Internacional do Pobo Xitano en recordo daquel Congreso de Londres.
Unha data para a celebración, para facer máis visible a unidade e a diversidad dos xitanos e xitanas de todo ou mundo e as importantes achegas romanís á cultura universal. Un día para buscar a solidariedade, o apoio e o afecto do conxunto da sociedade.
Desde a Fundación Secretariado Xitano celebramos o 8 de abril con accións institucionais e campañas de sensibilización que aceiran a realidade das persoas xitanas a toda sociedade, tanto a nivel estatal como autonómico.
É moi importante recordar que o 9 de marzo, a Comisión de Sanidade e Servizos Sociais do Congreso dos Deputados aprobou por unanimidad unha Proposición non de Lei (PNL) presentada polo Grupo Parlamentario Socialista pola que "o Congreso insta ao Goberno a declarar o 8 de abril como Día do Pobo Xitano, recoñecendo a bandeira azul e verde cunha roda vermella de 16 radios e o Gelem Gelem como himno do Pobo Xitano".
Esta decisión permitirá que estes símbolos poidan ser utilizados protocolariamente nas conmemoraciones, actos e eventos institucionais relativos ao Pobo Xitano.
Enlaces
GITANOS.ORG
GITANOS EN LA PRENSA