Actualidad

[editar plantilla]

O presidente do Parlamento recibe a unha delegación da Fundación Secretariado Xitano [editar]

Seguiron a lectura dunha declaración institucional do Parlamento sobre o Día Internacional do Pobo Xitano desde a tribuna de convidados do Hemiciclo

04 de Abril de 2017
FSG GALICIA

COMPARTIR
O presidente do Parlamento recibe a unha delegación da Fundación Secretariado Xitano
O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu esta tarde, no seu despacho, a unha delegación da Fundación Secretariado Gitano, minutos antes de dar lectura a unha declaración institucional da Cámara con motivo da celebración, o vindeiro 8 de abril, do Día Internacional do Pobo Xitano. 

Os integrantes da delegación da Fundación Secretariado Gitano seguiron a lectura da declaración institucional desde a tribuna de público do Hemiciclo. De seguido, efectuaron unha visita guiada á sede do poder lexislativo galego.

Declaración institucional do Parlamento de Galicia con motivo da celebración, o 8 de abril, do Día Internacional do Pobo Xitano

Con motivo do Día Internacional do Pobo Xitano, 8 de abril, o Parlamento de Galicia quere sumarse a esta celebración que lembra o I Congreso xitano celebrado en Londres o 8 de abril de 1971, no que se instituíron a bandeira e o himno xitano. 

Nun proceso de avance no necesario e xusto recoñecemento institucional do pobo xitano, estes símbolos poderán ser empregados protocolariamente nas conmemoracións, actos e eventos institucionais relativos ao pobo xitano, posto que o pasado 9 de marzo o Congreso dos Deputados aprobou por unanimidade unha proposición non de lei pola que “o Congreso insta o Goberno a declarar o 8 de abril coma o Día do Pobo Xitano, recoñecendo a bandeira azul e verde con unha roda vermella de dezaseis radios e o Gelem Gelem como himno do pobo xitano”.

Dende os poderes públicos debemos contribuír a ese recoñecemento institucional a unha comunidade cunha historia e cultura propias, asentada en España dende hai xa máis de cinco séculos e que, con todo, segue sendo a minoría máis rexeitada socialmente tanto en España como en Europa.

Documentos de interés

VOLVER A LA PÁGINA PRINCIPAL DE ACTUALIDAD
...

GITANOS.ORG

...

GITANOS EN LA PRENSA

El alumnado gitano en Secundaria
  • El alumnado gitano en Secundaria
  • VER MÁS