25 de Marzo de 2015
FSG Lugo
O pasado 27 de febreiro o candidato á alcaldía de Lugo polo Bloque Nacionalista Galego (BNG), Rubén Arrojo visitou o dispositivo da Fundación Secretariado Gitano en Lugo acompañado doutros membros da súa candidatura .
Logo de coñecer as instalacións mantivo coa Directora Territorial, Eva Vera Ledo, o Coordinador Provincial, Manuel Requeijo e a Mediadora Intercultural, Irene Jiménez unha longa charla ,na mesma trasladámoslle as nosas propostas de cara ás eleccións municipais do próximo 24 de maio e o candidato nacionalista trasladounos as súas ideas e propostas cara á comunidade xitana de Lugo.
GITANOS.ORG
GITANOS EN LA PRENSA