A FSG de Pontevedra celebra o seu XI Encontro de alumnado e familias xitanas [editar]
A Fundación Secretariado Xitano de Pontevedra celebrou o pasado xoves día 17 de setembro o IX Encontro de familias e alumnado xitano. Como cada ano, poñemos en valor todos os logros acadados nunha xornada de convivencia na que compartimos experiencias e poñemos en común todo o sucedido ó longo do ano.
O pasado xoves 17 de setembro, e baixo o lema “aprendemos de quienes abrieron camino para seguir construyendo”, en Pontevedra celebramos o XI Encontro local de estudantes e familias xitanas. Mediante un acto sinxelo e íntimo, fixemos honra do lema deste ano, cunha mesa de referentes na que tanto alumnado como familias participaron e compartiron os logros acadados este ano, as dificultades que afrontaron, as estratexias que lles axudaron e unha predición de como ven ao alumnado xitano dentro duns anos.
Nos, sen dúbida, vemos un futuro próspero para todos eles, sobre todo despois de poñer en valor os logros académicos acadados este ano, que non foron poucos. Dous alumnos titulan na ESO e continúan en estudos post-obligatorios, unha alumna supera proba de aceso a ciclo medio e continúa os seus estudos por esta vía, catro titulan en ciclos medios e un en ciclo superior. E a maioría deles continúa formándose en estudos superiores.
Para nós foi un ano de moitos éxitos e dende a Fundación Secretariado Xitano só podemos felicitar a todo o alumnado polo traballo, esforzo, compromiso e dedicación. Sabemos que o camiño non é sempre fácil, pero tamén que o esforzo ten a súa recompensa.
Noraboa a todos e a todas, un ano máis orgullosas dos nosos rapaces e rapazas e das súas familias.