“Muda o conto. Mocidade contra ou discurso do odio en redes sociais” [editar]
Charla da Fundación Secretariado Gitano Vigo coa Asociación Galega de Comunicación para o cambio Social
A semana pasada tivemos a gran sorte de participar e aprender das compañeiras de FAKALI e FSG A Coruña nunha sesión organizada no marco do proxecto "Muda o conto. Mocidade contra o discurso do odio en redes sociais", realizada por Agareso.
Falamos de antixitanismo, do papel dos medios de comunicación na perpetuación e supervivencia dos discursos de odio e das múltiples discriminacións que viven as mulleres xitanas.
Dende aqui agradecer a Agareso por contar sempre con nós e ó bo trato sempre para con nós.