
En Galicia viven aproximadamente 9.000 xitanas e xitanos. Esta poboación distribúese en 150 núcleos de poboación nun total de 50 Concellos. As sete grandes cidades albergan ao 70% do total da poboación xitana. Son unha minoría dos xitanos españois (non chegan ao 2%) e do total da población galega (un 0,25%). Danse situacións moi diversas everbo da procedencia e da situación social. A poboación xitana está vivindo un proceso de fonda transformación entre nós.
A súa situación social do Pobo Xitano en Galicia é moi diversa. Nas últimas décadas, produciuse unha sensible mellora nas súas condicións de vida, propiciada polo acceso aos sistemas de protección social, á vivenda pública e aos sistemas de saúde e educación. A pesar diso, unha boa parte da poboación xitana continúa constituíndo un dos grupos máis vulnerables e con maior risco de exclusión social e económica de Galicia, ademais de ser víctimas frecuentes de prácticas discriminatorias que impiden o seu acceso a bens e servizos en igualdade de condicións que o resto dos ciudadáns galegos.
A FSG, desde o ano 2001, desenvolve programas e accións que pretenden fomentar a participación social e a incorporación laboral da comunidade xitana en Galicia, e apoiar as iniciativas que, desde distintas entidades, teñen por obxecto a mellora das condicións de vida das persoas xitanas.







© 2007 Fundación Secretariado Gitano | Web by eCliente