Fundación Secretariado Gitano
 
Quiénes somosCentro de documentaciónSala de prensaAgendaColabora con FSGContacto
Galicia
   
Agenda en Galicia

Vigo (Pontevedra) • 22-23 de Septiembre

SEMINARIO ACCEDER: "Polo Emprego da Poboación Xitana"

Lugar (Lugar por determinar)
Vigo (Pontevedra)
Organiza FSX-Vigo
Consellería de Traballo da Xunta de Galicia
Destinatarios

Administracións públicas, axentes sociais, entidades adicadas a inserción sociolaboral, técnicos de emprego, orientadores laborais, medios de comunicación, público en xeral.

 

Descripción

O emprego é clave para garantir a igualdade de oportunidades. A maioría dos membros da comunidade xitana galega teñen seriamente limitadas as súas posibilidades de igualdade na participación social plena pola grande distancia que aínda lles separa da formación e o acceso aos empregos normalizados. Segundo dados do Estudo sobre A comunidade Xitana en Galicia 1990-2000, só o7,5% da poboación xitana galega traballaba  por conta allea, despois do estudo realizado pola Fundación Secretariado Xitano no ano 2007 esta tasa sitúase neste momento nun 20%.

O programa ACCEDER promove a inserción laboral da poboación xitana no mercado de traballo ordinario: conseguir empregos, impulsar unha vontade entre os xitanos e xitanas para se incorporar a este mercado, pór ao seu alcance ferramentas formativas, de orientación e acompañamento que o fagan posíbel e operar coas empresas e outros axentes sociais de Galicia para facilitar este cambio.

OBXECTIVOS DO SEMINARIO:

**Conseguir facer efectiva a igualdade de oportunidades da poboación xitana no acceso ó emprego e a formación para o emprego para conquerir a súa participación plena na sociedade.

**Analizar e reflexionar sobre a importancia das políticas específicas para a consecución da plena normalización no mercado de traballo.

INSCRIPCIÓNS E MÁIS INFORMACIÓN:Todas aquelas persoas interesadas en asistir a este Seminario poden solicitar máis información ó respecto no teléfono da FSX Vigo, preguntando por Pablo González: 986 260 255, ou dirixíndose por mail: pablo.gonzalez@gitanos.org

O plazo de inscripción é do 1 ó 15 de Setembro.

Más información Descarga o PREprograma do Seminario

 
  © 2005 Fundación Secretariado Gitano| Privacidad | Trabaja con nosotros
Quiénes somos Centro de documentación Colabora con FSG Contacto Conoce todas nuestras sedes Sala de prensa Agenda