Actualidad

[editar plantilla]

A bandeira xitana ondea o sábado no Concello de Vigo con motivo do día internacional deste pobo [editar]

O Concello de Vigo súmase á conmemoración do Día Internacional do Pobo Xitano coa colocación o 8 de abril dunha bandeira no edificio consistorial.

08 de Abril de 2017
FSG VIGO

COMPARTIR
A bandeira xitana ondea o sábado no Concello de Vigo con motivo do día internacional deste pobo

Esta data recorda o Primeiro Congreso Mundial romaní/xitano celebrado en Londres o 8 de abril de 1971 no que se instituyó a bandeira e o himno xitano.

A bandeira é verde e azul, simbolizando o ceo e o campo, cunha roda de carro vermella no centro, que simboliza o camiño desde a India e a liberdade. O himno xitano, Gelem, gelem (Andei, andei), foi composto por Jarko Jovanovic e recorda aos xitanos e xitanas vítimas do nazismo.

No 4º Congreso Internacional Xitano en Serok, Polonia designouse o 8 de abril como Día Internacional do Pobo Xitano en recordo daquel Congreso de Londres.


Desde fai uns anos a data do 8 de abril está adquirindo gran notoriedad, servindo de ocasión para distintas celebracións e comunicacións por parte de múltiples institucións nacionais e internacionais.

Unha data para a celebración, para facer máis visible a unidade e a diversidad dos xitanos e xitanas de todo ou mundo e as importantes achegas romanís á cultura universal. Un día para buscar a solidariedade, o apoio e o afecto do conxunto da sociedade.

Desde a Fundación Secretariado Xitano celebramos o 8 de abril con accións institucionais e campañas de sensibilización que aceiran a realidade das persoas xitanas a toda sociedade, tanto a nivel estatal como autonómico.

É moi importante recordar que o 9 de marzo, a Comisión de Sanidade e Servizos Sociais do Congreso dos Deputados aprobou por unanimidad unha Proposición non de Lei (PNL) presentada polo Grupo Parlamentario Socialista pola que "o Congreso insta ao Goberno a declarar o 8 de abril como Día do Pobo Xitano, recoñecendo a bandeira azul e verde cunha roda vermella de 16 radios e o Gelem Gelem como himno do Pobo Xitano".

Esta decisión permitirá que estes símbolos poidan ser utilizados protocolariamente nas conmemoraciones, actos e eventos institucionais relativos ao Pobo Xitano.

Enlaces

VOLVER A LA PÁGINA PRINCIPAL DE ACTUALIDAD
...

GITANOS.ORG

...

GITANOS EN LA PRENSA

El alumnado gitano en Secundaria
  • El alumnado gitano en Secundaria
  • VER MÁS