Actualidad

[editar plantilla]

A Consellería de Política Social e a Fundación Secretariado Gitano asinan o convenio de colaboración para o “Programa Acceder” [editar]

15 de Julio de 2016
FSG

COMPARTIR
A Consellería de Política Social e a Fundación Secretariado Gitano  asinan o convenio de colaboración para o “Programa Acceder”
  • A Xunta de Galicia ven de renovar a colaboración coa Fundación Secretariado Gitano, cunha aportación de 64.000,00 € para o desenvolvemento do Programa de Emprego ACCEDER, cuio obxectivo é favorecer o acceso a formación e o emprego das persoas xitanas. 
  • O Programa ACCEDER ten cunha traxectoria de 15 anos en Galicia, durante os cales se atendeu a máis de 2.500 persoas, 1.419 ampliaron a súa formación; asináronse 3.663 contratos de traballo, o tempo que colaboraron 1.178 empresas. 
  • Durante a firma interviron José Manuel Rey Varela, Conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia e Isidro Rodríguez, Director Xeral da Fundación Secretariado Gitano, que aproveitaron para destacar os éxitos do Programa Acceder e para anunciar que se vai elaborar o Mapa de Vivenda e Comunidade Xitana en Galicia.

Esta 15 de xullo de 2016, Xunta de Galicia e Fundación Secretariado Gitano renovaron a colaboración para o desenvolvemento do Programa ACCEDER. Este programa, con  15 anos de traxectoria en Galicia, ten como obxectivo promover o acceso a formación e o emprego das persoas xitanas. O Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, salientou “a labor das entidades sociais  no deseño e execución das  políticas sociais, así como, a importancia deste tipo de programas para lograr acercar o mercado laboral as persoas que máis difícil o teñen”. 

Acceder, un programa eficaz e con impacto

En 2015,  no marco do Programa ACCEDER, atendéronse a 1.045 persoas, das que 171 conseguiron un emprego. Ademais, firmáronse 429 contratos de traballo. Para iso a FSG colaborou con máis de 150 empresas e organizáronse máis de 40 accións formativas nas que participaron 374 persoas. Estes datos poden ampliarse consultando o Informe Anual da Fundación Secretariado Gitano na seguinte dirección web:  www.gitanos.org/informeanual.  

A través da Iniciativa Aprender Traballando, enmarcada no programa Acceder, dirixida a xóvenes  menores de 30 anos con formación en entornos reais de traballo, logrouse que 30 persoas se formaran no ámbito da hostalería e do comercio. Desde 30 xóvenes, o 43% logrou un contrato de traballo. 

En palabras de Isidro Rodríguez, Director Xeral de la FSG, "en 2015 seguimos demostrando que cuando se invierte en temas clave, como el empleo, la educación o la vivienda, se consigue una incidencia real sobre la situación de muchas familias gitanas”. 

A Consellería de Política Social aproveitou o acto de firma do convenio para anunciar que en setembro está previsto que a Fundación Secretarido Gitano realice o Mapa sobre vivenda e Comunidade Xitana  a nivel autonómico, iniciativa enmarcada nos obxectivos da Estratexia de Inclusión Social da Poboación Xitana.  O Mapa ten por obxectivo ter un foto real e actualizada da situación na que se atopan as persoas xitanas en relación  a vivienda, “un factor fundamental para lograr mejorar la  calidadde vida de las personas, y el acceso a los servicios normalizados” según palabras de Isidro Rodríguez. 

Dende a FSG estase a elaborar tamén, e en colaboración con Ministerio de  Sanidade, Servicios Sociales e Igualdad, o Mapa sobre Vivenda a nivel estatal que actualizará os datos do último estudio realizado en 2007.


Galería de Fotos

VOLVER A LA PÁGINA PRINCIPAL DE ACTUALIDAD
...

GITANOS.ORG

...

GITANOS EN LA PRENSA

El alumnado gitano en Secundaria
  • El alumnado gitano en Secundaria
  • VER MÁS